Destacados

Xavier Alcalá presenta ‘Cartas ao Cholo’

Xavier Alcalá recolle neste libro as cartas que se enviaba con Antonio Rei Flórez, máis coñecido como Cholo, durante os anos 1994 e 2001 nos que o Cholo vivíu na Arxentina. 

‘Cartas ao Cholo’ é a homenaxe de Alcalá ao seu amigo finado en 2018. 

Un filme en galego compite por primeira vez en Cannes

O filme ‘O que arde’ de Oliver Laxe é a primeira película en galego que compite no festival francés de Cannes. Neste Diario Cultural falamos con Ángel Suanzes, enviado especial da CRTVG na cidade francesa. Tamén coñecemos o actor protagonista, Amador Arias.

“Estar en Cannes non é nada sinxelo. É fundamental para a construción do cinema galego e a defensa da nosa identidade”, asegura Suanzes.

Un filme que vai dende o intimismo ata a narración documental arredor dus dos problemas máis graves da nosa terra: os incendios que cada ano enchen de cinzas os nosos montes.

“Unha película construída para representar os galegos e para que o pobo poda sentirse orgulloso e ilusionado”, engade.

Na cidade francesa tamén están os protagonistas da historia, Amador Arias e Benedicta Sánchez, dous actores amateur que sorprenderon ata ao mesmo director.

“Hai un momento da gravación en que a personaxe de Benedicta colle unha forza que deixa abraiado ao propio creador da historia”, di Suanzes.

‘O que arde’ chega mañá a Cannes

Mañá presentase en Cannes o filme ‘O que arde’ do cineasta galego Oliver Laxe. Trátase da primeira vez que unha película en lingua galega compite en sección oficial do Festival. Faino no apartado ‘Unha certa ollada’ con máis de 30 filmes de todo o mundo. 

Coñecemos como vai a ser a presentación e como está o ambiente por Cannes grazas ao compañeiro da Televisión de Galicia que está a cubrir o festival, Ángel Suanzes, e o director do filme, Oliver Laxe. 

Galaxia publica a última novela de María Xosé Porteiro

Galaxia publica ‘Sándalo’, a última novela de María Xosé Porteiro. Neste Diario Cultural descubrimos a familia que une Cuba con Galicia. Galegos que construíron cultura, irmandade e sociedade porque o pobo de Cuba e o galego sempre estarán unidos.

Megumi Shiozawa no Diario Cultural

Entrevista a Megumi Shiozawa, responsable Casa Galicia-Xapón, que organiza a exposición “Beleza e Creatividade en Peregrinación” na Fundación Eugenio Granell.

César Llana no Diario Cultural

Falamos co director do Museo Etnolóxico de Ribadavia polo Día Internacional dos Museos.

Encarna Lago no Diario Cultural

Conversamos coa xerente da Rede Museística de Lugo no Día Internacional dos Museos.

Programa especial dende o Museo do Pobo Galego

O Diario Cultural emite no Día das Letras Galegas un programa especial dende o Museo do Pobo Galego, institución que Antonio Fraguas dirixiu e presidiu.

Contamos con María Xosé Cerviño, biógrafa de Fraguas e subdirectora e Padroa Fundadora do Museo do Pobo Galego; Encarna Otero, historiadora; e Rosa Méndez, bibliotecaria do Museo.

Preestréase a curta ‘Helsinki 79’ nos Multicines Compostela

Este xoves día 16 preestréase a curta Helsinki 79 nos Multicines Compostela de Santiago. Neste Diario cultural falamos con Pablo Fontenla, realizador da produción.

A historia de Eufemiano e Lalo, dous galegos que triunfaron co seu disco en finlandés. Un éxito co que estiveron a piques de representar a Finlandia en Eurovisión. Cando Pablo Fontenla descubriu esta historia decatouse que o mundo non podía quedar sen coñecela. Así naceu este proxecto que hoxe chega aos cines da cidade compostelá.

‘Unha noite na praia’ con Touriñán e Carlos Blanco

Xa está de xira ‘Unha noite na praia’, o espectáculo teatral escrito e dirixido por Javier Veiga e protagonizado por Carlos Blanco e Touriñán. Ambos volven xuntos aos teatros tras a  experiencia o ano pasado de ‘Somos Criminais’. Agora regresan con esta comedia que estará por todos os teatros galegos neste mes de maio e en xuño.

Pin It on Pinterest