Destacados

O ‘Códice Calixtino’ e o ‘Cancioneiro da Vaticana’ exhibiranse en Galicia

A Xunta acorda co Vaticano que o seu ‘Códice Calixtino’ e o ‘Cancioneiro da Vaticana’ se exhiban por vez primeira en Galicia dentro dunha mostra internacional polo Xacobeo de 2021. As obras exporanse na Cidade da Cultura.

Falamos co conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez.

Descubrimos os espectáculos do Galicia Escena Pro 2019

No Diario Cultural coñecemos dous espectáculos que se escenifican hoxe no mercado galego das artes escénicas, en Santiago. Un deles é Pink Unicorns, de La Macana, onde a danza une a un pai e o seu fillo adolescente. Falamos coa directora da compañía, Caterina Varela.

Despois de compartir escenarios, pai e fillo decatáronse de que non se coñecían tanto como pensaban. O espectáculo foi unha descuberta tamén a nivel persoal.

A outra peza é Evolution, de N+1, que se estrea hoxe. Escoitamos a Alfredo Pérez Muíño. Unha obra que narra a historia da humanidade e que nos leva a entender o momento actual. Alfredo traballa co espazo baleiro e sen palabras. Unha creación que incorpora elementos circenses.

5 cadernos de poesía bilingüe

Neste Diario Cultural falamos de poesía e máis en concreto dunha colección de 5 cadernos bilingües que ven de publicar a editorial Tulipa e que se engloban nun mesmo proxecto: a colección ‘10×15’ que coordina o poeta Juan Bello. 

Os títulos da colección son ‘Casa’ de Juan Bello e traducido do castelán;  ‘Os afluentes’ de Vicente Vázquez e traducido ao francés; ‘En espera’, da chinesa Man Li;  ‘Este é o agasallo que lle dou o meu corpo’, da americana Robin Myers; e ‘Alén dos Mapas’, da italiana Paola Sepúlveda. Este último ven de ser presentado na terceira edición da Semana do Libro de Compostela.

Cova Eirós, unha porta ao pasado de Galicia

Na Cova Eirós podemos facer unha viaxe ao pasado para descubrir como vivían os nosos devanceiros. Neste Diario Cultural falamos con Ramón Fábregas Valcárcel, director científico do proxecto; e Arturo de Lombera Hermida, co-director da excavación Cova Eirós de Triacastela.

Durante os últimos once anos foron aparecendo achados que nos revelan un pouco máis da nosa historia. A Cova Eirós é unha porta ao pasado, a través da que vemos unha zona chea de piñeiros, un clima moi frío e neves permetuas e glaciares en Triacastela.

“Impresionaría mirar fronte a fronte a unha persoa das que vivían en Cova Eirós”, din os investigadores.

“El jardín de juanita” na Fundación Luís Seoane

Neste Diario Cultural falamos con Angélica Sátiro, pedagoga brasileira que inaugura na Fundación Luis Seoane a exposición dedicada ao proxecto filosófico ‘El jardín de Juanita’, unha iniciativa internacional centrada na formación ecolóxica. 

A Central Folque publica ‘Sindo de Olelas. Concertina galega’

A Central Folque publica Sindo de Olelas. Concertina galega. Neste Diario cultural falamos co autor da obra, Xurxo Souto, e con Placeres, viúva de Sindo de Olelas. 

Unha conversa na facultade e unha viaxe a Olelas foron os primeiros pasos para descubrir o universo agochado nunha aldea galega. Música e tradición que agora quedan plasmadas no libro de Xurxo Souto.

“Sempre estou co libro nas mans e faime chorar todos os días”, conta Placeres na Radio Galega.

Joterías bobas de Hidrogenesse

Neste programa coñecemos o novo disco de Genís Segarra e Carlos Ballesteros, Hidrogenesse, titulado ‘Joterías bobas’

‘Shangai a Barcelona’ gaña o Premio Xerais

Neste Diario Cultural falamos con Amador Castro, Premio Xerais de Novela 2019 por ‘Shangai a Barcelona’ e coñecemos tamén as obras gañadoras do Jules Verne e Merlín.

150 axentes culturais chegarán ao Galicia Escena Pro

Dende o vindeiro luns 10 de xuño e ta o xoves celébrase en Compostela a a sétima edición do Galicia Escena Pro, unha feira de artes escénicas na que se exhibirán 20 espectáculos, 17 deles galegos. 

Por primeira vez a organización é compartida entre a AGADIC e o colectivo empresarial Escena Galega. 

A ópera ‘Tosca’, de Puccini, chega a Compostela

A soprano galega Laura Alonso interpretará a ópera ‘Tosca’, de Puccini, o sábado, no Pazo de Congresos de Santiago. Falamos con ela neste Diario Cultural. 

En Galicia temos moi poucas oportunidades de ver ópera. Este domingo poderemos ver ‘Tosca’, unha das obras máis importantes do xénero. Trátase dun proxecto impulsado polos propios artistas para protexer o mundo operístico polo que tanta paixón senten.

A novela La tribuna, de Emilia Pardo Bazán, converterase tamén nunha ópera. Polo momento, podemos escoitar algúns fragmentos esta tarde na Coruña. Falamos co compositor Gabriel Bussi.

Pin It on Pinterest