Destacados

Atlas de soidade chega ao Marco de Vigo

O ciclo de exposicións ‘Metrópole’, do MARCO de Vigo, ofrece unha panorámica da cidade nos anos 20. Unha perspectiva urbana da arte galega, que foi ofrecendo diferentes mostras individuais. Agora chega a cuarta: “Atlas de Soidade”, do artista Xosé Luís Otero.

Viaxamos ata unha época en que moitos galegos deixaron atrás o agro para se instalaren na cidade. Cando Xosé Luís chegou a Vigo percibiu un espazo deshumanizado cheo de cemento e xente descoñecida. Arquitectura baleira qeu causou nel un grande impacto.

Un percorrido pola súa traxectoria vital a través de recordos, fragmentos e refugallos. Unha exposición que mestura a súa propia experiencia coa idea do ser humano nunha sociedade globalizada.

Coñecemos o libro-cd ‘Memoria Iluminada’

Hoxe coñecemos o libro-cd de poemas ‘Memoria Iluminada’ que ven de publicar Edicións Fervenza. Nel debúxase o universo de vivencias na aldea que se conservan na nosa memoria a través dos versos de Ánxela Gracián e a voz de Emilio Rúa.

Ramón Vilar Landeira presenta ‘Un peixe no parqué’

“Estamos feitos de soños. Son o combustible que nos axuda a movernos. Sen soños é imposible vivir”, di Ramón Vilar Landeira, que veu presentar o seu libro ‘Un peixe no parqué’, publicado por Xerais.

‘Quen salva un can’, o novo libro de Érica Esmorís

‘Quen salva un can’ narra as aventuras de Rai na terra na que os cans falan con Brutus Máximus, Matateu von der Lempertaler, Sete e Garlapata.

Unha historia para público xuvenil que coñecemos neste Diario Cultural da man dea autora, Érica Esmorís.

Galicia, a través da mirada de mulleres viaxeiras

Descubrimos o proxecto Viaxeiras por Galicia. O Consello da Cultura Galega reúne na súa web imaxes, textos e ligazóns sobre as mulleres estranxeiras que escribiron sobre as súas viaxes a Galicia entre o século XIV e os anos 60 do século XX. Neste Diario cultural falamos coa coordinadora Mariam Mariño Costales.

As protagonistas son mulleres como a lingüista alemá Margot Sponer, que realizou a primeira tese de doutoramento sobre o galego; a fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson, ou a novelista Edith Wharton, a primeira muller en gañar un premio Pulitzer. A través da súa mirada descubrimos Galicia dende unha perspectiva diferente.

Raiceira actúa este sábado no Clavicémbalo de Lugo

O dúo folk Raiceira actúa este sábado no Clavicémbalo de Lugo, co chelo de Sabela Vázquez e a voz e percusións de man de Carme López. Falamos con elas neste Diario Cultural.

“A formación regrada é esencial para sentar unhas bases, pero despois hai que beber da tradición, aprendendo coa xente, nas improvisacións e foliadas”, di Carme López.

“Despois de tantos anos no conservatorio, moitos músicos acabamos queimados e buscamos algo diferente”, engade.

Entre as partituras e a formalidade da música clásica, Carme comezou a buscar espontaneidade. Atopou a resposta na música tradicional.

‘En voz alta’ no Museo Municipal de Ourense

Coñecemos o proxecto ‘En voz alta’ de Ángeles Sioli no Museo Municipal de Ourense.

Xa deu comezo ‘O Son do Camiño’

O Son do camiño comezaba hoxe as catro da tarde e a Radio Galega Música é emisora oficial. No Diario Cultural falamos cos compañeiros Moncho Lemos e Vituco Neira que se atopan no festival.

Falamos co tradutor ao galego de Pippi Mediaslongas

Tradúcese ao galego Pippi Mediaslongas. O tradutor é David Álvarez, que participa esta tarde nun faladoiro sobre este personaxe na Semana do Libro en Compostela.

Aínda que a sociedade foi cambiando co paso do tempo, Pipi Mediaslongas segue a ser unha moza rebelde que reivindica o mundo infantil contra o dos adultos. Historias de fantasía e liberdade que cobran hoxe un novo sentido.

“Na tradución hai que achegar a historia do libro á cultura propia, pero amosar tamén a cultura de orixe”, asegura David Álvarez.

Concerto benéfico de Son Futuro

O sábado as sete da tarde no Palacio da Ópera de A Coruña terá lugar o concerto de SonFuturo a beneficio Asociación Coruñesa de Epilepsia. Trátase da Orquesta de Nenos da Sinfónica de Galicia (ONSG).

Falamos con Alejandro Sanz, director académico do proxecto Son Futuro en Acción; e Jorge Montes, un dos directores da Orquestra de adolescentes.

Pin It on Pinterest