Destacados

A Mostra de Cangas e o Singlot de Girona, xuntos polo humor

A Mostra de Cangas e o Singlot de Girona únense polo humor. Neste Diario Cultural falamos con Quico Cadaval, actor do espectáculo”Vacas, guerras, porcos e cregos” da Cía Producións Teatrais Excéntricas. Tamén escoitamos a Enric Cambay, subdirector do Singlot Festival. Andreu Buenafuente é o director desde hai 5 anos (2015) do Singlot Festival de Sant Feliu de Guixols en Girona do 4 ao 7 de xullo.

Unha historia de dous cómicos demandados por un chiste. Hai límites ao humor? Estes cómicos deben ir ao cárcere? Un espectáculo de reflexión en que o público decide o final da historia.

Carlos Núñez conecta a música celta co patrimonio galego

Carlos Núñez estará este mes de xira por lugares máxicos de Galicia, como os petroglifos de Campo Lameiro ou o mosteiro de Oseira. Conectar música con patrimonio para transmitir a esencia da nosa identidade e cultura.

Cada lugar esixe un repertorio diferente e permitirá que os asistentes vivan unha auténtica experiencia.

“Imaxinades Andalucía renunciando á etiqueta do flamenco? Pois nós non podemos darlle as costas á Galicia celta”, explica o músico.

Falamos do Festival Internacional de Peregrinos Musicais

Comeza o Festival Internacional de Peregrinos Musicais, un encontro de músicos que chegan dende diferentes partes do mundo. Neste Diario Cultural temos connosco a Ilona Timchenko, fundadora e directora artística do evento. Pianista de recoñecido prestixio internacional, que recibiu máis de 20 premios ao longo da súa traxectoria e tocou con algunhas das máis prestixiosas orquestras de Europa.

“Cando os músicos de diferentes culturas comparten escenario, algo ocorre”, asegura a música.

Tamén escoitamos a Bruktawit Martins González, violinista de 14 anos anos que vive na Coruña; e falamos con José Antonio Álvarez Losada, profesor de violín en Palma de Mallorca.

Cando Bruktawit era pequena viu un violín de xoguete nos postos das festas de Monforte de Lemos. “Díxenlle a miña familia que quería un, namoreime, e tiven claro que de maior quería dedicarme a isto”, conta a música.

Comeza o Festival Clas Clas, de música clásica de Vilagarcía

Comeza a segunda edición do Festival Clas Clas, o Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía de Arousa. Neste Diario Cultural temos connosco a Pablo Vidal, adxunto á dirección artística do Festival. Tamén escoitamos a Iago Domínguez Eiras, músico que participa no programa de novos valores internacionais da música clásica.

“A paixón pola música fai medrar ao bo músico”. Unha loita constante por alcanzar a perfección, un camiño que só é posible seguir con moita paixón pola música.

Un espazo de encontro de músicos internacionais e un reflexo do talento galego que está a formarse fóra das nosas fronteiras.

Viaxamos polo mundo con Moncho Iglesias

Descubrimos o mundo en viaxes. O escritor e profesor Moncho Iglesias participa este xoves no ciclo “O mundo desde aquí” do IGADI. Moncho Iglesias é profesor de español en Bangladesh e antes viviu na China, en Palestina ou en México. O seu último libro é o poemario “Tren”, sobre os seus anos na China. Falamos con el neste Diario Cultural.

“Cando chego a un lugar gústame facer a compra, traballar…vivir como a xente de alí”, conta o escritor. “Viaxar é coñecemento, chegar a un lugar e explorar”, engade.

Sabías que os chineses teñen unha forma moi curiosa de colgar a roupa? E se vas ao supermercado, tes que pescar o peixe nun acuario? Feitos que sorprenderon o escritor e que agora poden tamén deixar abraiado o lector do seu libro.

Galaxia publica “Unha historia da música en Galicia. 1952-2018”

A editorial Galaxia publica unha enciclopedia da música galega ‘Unha historia da música en Galicia. 1952-2018″, de Fernando Fernández Rego. Falamos co autor neste Diario Cultural.

Que música soaba nas casas no ano 1952? Facemos unha viaxe pola historia da nosa música, un reflexo do noso pasado.

Houbo moitos músicos galegos que tiveron que traballar fóra porque en Galicia non había industria musical. A nosa cultura quedou tamén gardada neses estudios de gravación. Fernando Fernández Rego puxo en marcha un gran traballo de investigación baseado na busca das fontes e entrevistas orais, ante a falta de bibliografía sobre a música do país.

A Real Academia Galega dedica a Ricardo Carvalho Calero as Letras de 2020. A profesora Aurora Marco reivindica o ‘legado…

A Real Academia Galega dedica a Ricardo Carvalho Calero as Letras de 2020. A profesora Aurora Marco reivindica o ‘legado global’ do intelectual ferrolán.

Celebramos os 50 anos da Canción Galega

No Día da Música celebramos os 50 anos da Canción Galega. A Escola Municipal de Música de Santiago pon en valor o patrimonio musical galego no seu festival de fin de curso, coa participación de Espiño, Nastasia Zürcher, Guadi Galego, Najla Shami e Ramón Bermejo, entre outros. Ás sete do serán, no Auditorio de Galicia.

No Diario Cultural falamos con Alfonso Espiño, músico, investigador e participante nos 50 anos da Canción Galega. Formou parte de Los Chavales, grupo galego cun repertorio cheo de hits dos anos 60. Tamén é historiador, un experto da música dos 60. Defende a súa tese de doutoramento o día 28 de xuño.

Tamén escoitamos a Fernando Hernández, alumno da especialidade de gaita da Escola Municipal de Música de Santiago dentro do plan educativo para adultos.

A canción ‘O tren’, de Andrés do Barro, alcanzou o número un das listas en España nunha época en que o galego estaba prohibido e sobrevivía entre unha minoría da poboación.

“O tren que me leva pola beira do Miño 
me leva e me leva polo meu camiño…”

Na Radio Galega facemos unha viaxe pola nosa historia a través da banda sonora de cada época.

Comeza o Surfing The Lerez

Neste Diario Cultural mergullámonos no Surfing The Lerez. O festival que se celebra na Illa das Esculturas de Pontevedra chega a súa sexta edición con Familia Caamagno, Terbutalina e Heredeiros da Crus como cabezas de cartaz. Coñecemos todos os detalles con Marcos Rivas, organizador do Festival, e con José Sánchez, guitarrista do grupo Fondo Norte que tamén estará sobre o escenario do Surfing The Lerez.

‘O teu o meu… ‘ de Xacobe Meléndrez Fassbender

Coñecemos a exposición ‘O teu o meu…’ de Xacobe Meléndrez Fassbender que se ven de inaugurar no espazo de intervención cultural NORMAL da Coruña. Unha exposiciónna que o autor reflexiona sobre os límites do espazo induvidual e colectivo.

Pin It on Pinterest