Destacados
Comeza o Festival Revenidas en Vilaxoán
No Diario cultural falamos do comezo do Festival Revenidas en Vilaxoán.
‘Memorias dun loitador antifranquista’, a historia de David Álvarez Carballido
O filólogo e académico Antón Santamarina presenta na Fonsagrada o seu libro de entrevistas a David Álvarez Carballido titulado Memorias dun loitador antifranquista e publicado por Alvarellos.
Os Encontros Arraianos de Cinema Rural
Entrimo e Lobeira acollen os Encontros Arraianos de Cinema Rural, que coñecemos con Aser Álvarez. No tempo de música con Tito Lesende falamos do Festival Noroeste.
Falamos cos gañadores dos Premios Castelao de Banda Deseñada
Alberto Vázquez, coa obra A caza, e Martín Romero, con Uxío, gañan os Premios Castelao de Banda Deseñada.
Falamos do Festival Intercéltico de Lorient
Emma Pedreira preséntanos a novela As fauces feroces. Luís Miguel Crespo fálanos dende Lorient do festival intercéltico, onde Galicia é cultura convidada.
Comeza o Festival de Cine de Locarno co filme galego ‘Longa noite’
Comeza en Suíza o Festival de Cine de Locarno, onde o filme en galego Longa noite opta ao Leopardo de Ouro. Conversamos co seu director Eloy Enciso, a produtora Beli Martínez e o actor Misha Bies Golas sobre este traballo, que nos sitúa na posguerra e está ambientado na noite dos montes de Lugo.
Comeza o festival DesOrdes Creativas
Comeza o festival DesOrdes Creativas na vila coruñesa de Ordes. No tempo de poesía, con Alba Cid, falamos de novas publicacións da Editorial Galaxia.
A conexión galega de García Lorca revive na Feira do Libro da Coruña
Alvarellos Editora homenaxea a Federico García Lorca na Feira do Libro da Coruña na presentación da edición fascímile de Seis poemas galegos. Proxectarase un filme de 10 minutos sobre as funcións de La Barraca en Galicia en 1932, recuperado dos fondos da Filmoteca Valenciana.
Coñecemos máis do Feito á Man, que arranca hoxe en Santiago
Falamos dunha nova edición do festival Feito á Man coa presidenta da Asoc. Cidade Vella de Santiago, Ánxeles Porto, e o dúo francoitaliano Putan Club.
Serán case 50 espectáculos de 35 bandas de procedencias e estilos moi diversos os que estarán presentes ata o 21 de agosto.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 178
- 179
- 180
- 181
- 182
- …
- 221
- Seguinte ›