Destacados

Estréase ‘Síbaris’, obra teatral póstuma de Domingo Villar

‘Síbaris’ é un texto teatral que Domingo Villar deixou rematado antes da súa temperá e inesperada morte en maio de 2022. A versión escénica estréase esta fin de semana en Vigo, dirixida por Lois Araúxo Blanco e interpretada por Carlos Blanco, Belén Constenla, Oswaldo Digón e Pablo Novoa. O protagonista da montaxe é Víctor Morel, un escritor célebre en crise creativa. 

‘Letters from Galicia’, nova fiestra para o cine galego en Londres

O London Spanish Film Festival inaugura a sección ‘Letters from Galicia’, dedicada ao cine galego. É unha iniciativa promovida polo Galician Film Forum, un colectivo independente de galegos que promoven a difusión do noso audiovisual no Reino Unido. En colaboración coa Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego proxectan dous dos filmes premiados por este certame, ‘Al otro lado del mar’, de Eloy Domínguez Serén e mais ‘Tatuado nos ollos levamos o pouso’, de Diana Toucedo. Conversamos coa cineasta Adriana Páramo, unha das integrantes do Galician Film Forum. 

Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023

O poemario ‘Materia’, publicado por Edicións Xerais en 2023, é o cuarto Premio Nacional para a poesía galega, despois dos recibidos por Manuel Álvarez Torneiro, Pilar Pallarés e Olga Novo. O xurado destacou a “extraordinaria forza evocativa e sensorial” do libro e a súa exploración non compracente de temas como a familia e a maternidade. Conversamos coa poeta, que recibiu a noticia da concesión do premio desde o estado mexicano de Chiapas, onde participa nun festival de poesía. 

A Asociación Galega de Editoras culmina o seu 40 aniversario co simposio ‘O libro e a lectura’

Conversamos con Henrique Alvarellos, o presidente da Asociación Galega de Editoras, sobre o presente e futuro da edición en Galicia. Debullamos as cifras dos últimos 40 anos con Manuel Bragado, un dos participantes no simposio ‘O libro e a lectura’, organizado pola AGE. 

María Novas, premiada na Bienal de Arquitectura e Urbanismo

A arquitecta María Novas recibiu un dos galardóns de Investigación e Difusión da XVI Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo polo seu libro ‘Arquitectura y género. Una introducción posible’. Nesta obra, Novas reflexiona sobre a carácter patriarcal da arquitectura, recupera arquitectas do pasado e mostra os nesgos de xénero na planificación de espazos públicos e privados. Conversamos con esta arquitecta de Bueu, que leva anos emigrada nos Países Baixos.

Fin de semana de Xiria Pop e Season Fest

Fin de semana de Xiria Pop e Season Fest

Comeza en Tui e Valença a cuarta edición do MUMI

Comeza en Tui e Valença a cuarta edición do MUMI. Máis de 200 profesionais da industria musical galega e portuguesa asisten ao Encontro de Músicas do Miño

Sarabela estrean a versión teatral de ‘Made in Galiza’

Sarabela Teatro estrean no Teatro Principal de Ourense esta adaptación do libro de relatos que Séchu Sende publicara en 2007. Como na obra orixinal, as situacións xeradas polo conflito lingüístico recreánse con retranca e lirismo e pensando especialmente no público mozo. Falamos coa directora da montaxe, Fina Calleja, e con Fernando Dacosta, un dos actores do elenco que completan Elena Seijo, Sabela Gago e Josito Porto. 

“É o momento de fundación do campo disciplinar dos estudos galegos”

Un acto festivo e un Congreso reivindican o legado do Seminario de Estudos Galegos

Con Ana Romaní, no Diario Cultural

“Non hai ningún matiz que un selfie poda aportar”

O fotógrafo Xulio Gil presenta en Vigo a mostra “Retratos dun tempo da plástica galega” que reúne 97 fotografías de artistas como Laxeiro, Elena Colmeiro, Francisco Leiro ou Leopoldo Novoa.

Pin It on Pinterest