Destacados

An Alfaya publica ‘Soleando’, un poemario infantil, e ‘O grupo’, unha novela xuvenil, gañadora do Premio Raiña Lupa

A escritora viguesa An Alfaya publica dúas obras: ‘Soleando’ un poemario infantil que editan Galaxia e ‘O grupo’, unha novela xuvenil, gañdora do Premio Raiña Lupa, e que publica Xerais.

Especial Diario Cultural dende o festival Cantos na Maré

Especial Diario Cultural dende o festival Cantos na Maré

A fundación Abrente celebra o seu 50 aniversario

A asociación cultural Abrente abrían no 1969. No momento da súa disolución, en 1983, tomaron o acordo de depositar o seu arquivo e a súa obra plástica no que era o Museo de Artes e Costumes Populares de Ribadavia, hoxe Museo Etnolóxico. Isco aconteceu no 1986 e, dende aquela, a colección non foi exposta. Agora, co seu 50 aniversario, a fundación Abrente decide expoñer estes bens como homenaxe á asociación e para desfrute da cidadanía.

“Facer un filme é coma construír un edificio”

Sergio Frade, cofundador de Frida Films, falará no FICBUEU de cómo producir unha película. Adianta na Radio Galega os vindeiros proxectos, entre eles levar ao cinema ‘A leituga’ nunha codirección de Víctor Duplá e Diana Toucedo ou ‘Ana e o futuro’ a segunda longametraxe de Xacio Baño.

Imos ata o Cormorán Film Festival

Descubrimos o Cormorán Film Festival con Manuel Logar. A Coruña celebra estes días este festival de cine de autor.

Comeza en Compostela o WOS Festival

Comeza en Compostela o WOS Festival e comentamos e escoitamos co seu director, Iván Arias, algúns dos concertos destacados deste festival de electrónica e experimentación que xunta 35 artistas en 12 espazos da cidade.

Publícase un volume sobre a historia da danza en Galicia

“A Historia da Danza Contemporánea” fai un repaso a historia da danza contemporánea no noso país no período que vai dende os últimos anos da dictadura ate o ano 1992. Unha obra editada pola academia das artes escénicas de españa. O capítulo referente a Galicia escribiuno Alfonso Becerra. Falamos con el neste Diario Cultural.

Altar Mutante Comix publican o número dous da súa primeira serie en galego: Amair.

Altar Mutante Comix publican o número dous da súa primeira serie en galego: Amair. Conversamos co guionista Kike Benlloch e co ilustrador e editor Luis Sendón.

Daniel Lamas e Daniel Lois inauguran exposición fotográfica en Fonseca

Daniel Lamas e Daniel Lois achégannos o mundo das estrelas a través da fotografía. Os dous fotógrafos inauguran exposición no Colexio de Fonseca de Compostela.

Coñecemos Camiño Escena Norte, un proxecto de intercambio nas artes escénicas entre Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi

 

Coñecemos Camiño Escena Norte, un proxecto de intercambio nas artes escénicas entre Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi.
Conversamos co coordinador Diego Meizoso e coa presidenta de Escena Galega, Belén Pichel. 

 

Pin It on Pinterest