Destacados
24 instrumentos populares galegos, no San Froilán
Polo mundo con Óliver Laxe e Manal Al Sheikh
Descubrimos o mundo e as súas fronteiras a través do cine de Óliver Laxe e da poesía da iraquí
Manal Al Sheikh. A Laxe denegóuselle o permiso de viaxe para ir aos Estados Unidos presentar ‘O que arde’ por ter visitado Irán; Al Sheik tivo que deixar o seu país e vive en Noruega desde hai unha década. Manal Al Sheik participa este luns no Ciclo Poetas Di[n]versos na Coruña e ‘O que arde’ chega ás salas de cine este xoves.
Menú musical para o San Froilán: Sanfroidance e Mostra de Música Tradicional
Este sábado o Sanfroidance ponlle música negra e electrónica ás festas de Lugo.
No Domingo das Mozas a Mostra de Música Tradicional protagonízana as mulleres músicas.
Programa especial do Festival Curtocircuíto, en Compostela
Programa especial do Festival Curtocircuíto, en Compostela. A nosa experta en audiovisual galego, Beli Martínez, estivo connosco nesta edición do Diario Cultural.
Laura Huertas Millán é protagonista da sección Púlsar e tamén membro do xurado. Laura é artista e cineasta franco-colombiana. As súas películas mesturan a etnografía, a ecoloxía e a ficción, narrando diferentes estratexias de supervivencia, de resistencia e de resilencia contra a violencia. As súas obras foron presentadas en festivais de cine internacionais como o Viennale, Toronto, o New York Film Festival, Rotterdam, La Habana, FICValdivia ou Cinéma du Réel. Foron premiadas no festival de Locarno, FIDMarseille, Doclisboa e Videobrasil, entre outros.
Lúa Ribeira é membro do xurado. No 2010 estudou Deseño Gráfico en Barcelona, onde descubriu a fotografía. No 2012, mudouse ao Reino Unido e matriculouse nun curso de Fotografía Documental. A súa práctica, caracterizada pola natureza colaborativa, é o resultado dunha investigación e unha aproximación inmersiva para afondar neste tema. Lúa foi galardoada co Firecracker Grant no 2015, o Magnum Graduate Photographers e co Jerwood Photoworks Award. A súa serie Noises in the Blood, sobre a cultura dancehall xamaicana no Reino Unido, foi publicada en forma de libro por Fishbar no 2017. A súa serie tamén foi publicada no libro Firecrackers, Female Photographers Now (2017). Lúa Ribeira converteuse en membro nomeado da Axencia Magnum no 2018.
Quico Cadaval: “Shakespeare ou tiña a Mofa e Befa ou botábaos de menos”
Quico Cadaval dirixe a comedia negra ‘Medida x Medida’ unha adaptación de Producións Excéntricas da obra de Shakespeare en coprodución co FIOT e que se estrea hoxe en Cabarllo.
O Festival Kerouac
Festival Kerouac
Islandia no centro do ‘Cinema oculto’ de Cangas
Islandia no centro do ‘Cinema oculto’ de Cangas. O Cine Clube da vila organiza a XV Semana de cine da que falamos con Elena García.
Da formación á acción co Laboratorio Audiovisual de Vedra
Da formación á acción: o LAV, o Laboratorio Audiovisual de Vedra que organizan a Asocaición Senunpeso, propón dende este sábado obradoiros pero tamén o certame A fume de carozo no que crear unha curtametraxe en 48 horas.
O galego Santi Prego, na última película de Amenábar
Falamos co actor galego Santi Prego, un dos protagonistas da última película de Amenábar: ‘Mientras dure la guerra’
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 171
- 172
- 173
- 174
- 175
- …
- 221
- Seguinte ›