Destacados

Laura Lamontagne e Pico Amperio en directo con ‘Ondas do mar de Vigo’ e ‘Vou pola costa vella’

Laura Lamontagne e Pico Amperio en directo con Ondas do mar de Vigo e Vou pola costa vella. Unha revisión do repertorio medieval e das cantigas de transmisión oral.

Audacia: festival das artes e do emprendemento

Visitamos a primeira edición do festival Audacia, que ofrece na Cidade da Cultura encontros con artistas como Óliver Laxe, Janet Novás ou Miguelanxo Prado, obradoiros de formación e un espazo expositivo pra emprendedoresartísticos e centros de formación. Entre o público, estudantes de ensinanzas artísticas chegados de toda Galicia.

Celebramos a xornada de bibliotecas accesibles para todas as persoas

A consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Políticas Culturais, organiza a II Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia. Celebrarase o 21 de outubro no Auditorio do Centro de Innovación Cultural na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Co lema Bibliotecas inclusivas: accesibles a todas e todos, esta xornada pretende destacar o importante papel que deben desempeñar as bibliotecas nos espazos acccesibles e integradores das persoas con diversidade funcional.

Entrevistamos a Jesús Torres Junquera, director da Biblioteca pública Ánxel Casal de Santiago.

Volve The Homens, a banda de referencia do pop galego

Volven The Homens, a banda de referencia do pop galego ofrece primeiro concerto de regreso no Grelo Folc de Monfero.

Falamos con Martiño Suárez para coñecer máis desta nova etapa.

O Salón Teatro de Santiago estrea ‘O que segue’

O Salón Teatro de Santiago estrea ‘O que segue’ esta fin de semana. É a nova proposta da creadora Cristina Balboa, realizada en coprodución co Centro Dramático Galego.

Cristina Balboa dirixe e interpreta, ademais de ser a autora da música e asumir a produción xunto a Manu Lago.

Os nomes das rúas centran a IV Xornada de Onomástica Galega

 

Os nomes das rúas centran a IV Xornada de Onomástica Galega que  Real Academia Galega celebrará en Pontevedra. Presentarase unha proposta de modelo para as novas denominacións das rúas que propón utilizar formas tradicionais antes cás conmemorativas.

 

Descubrimos o novo tema de Brais Morán

Brais Morán presenta unha nova canción que, entendemos, formará parte do seu novo disco.

 

 

“A Cela. Vivir na aldea dos bolos” de José Caruncho e Antonio López

O fotógrafo José Caruncho e o xornalista Antonio López publican ‘A cela. Vivir na aldea dos bolos’. Un libro co que se inicia o selo Edicións Picós.

Regresa a Compostela o Outono Códax Festival

Regresa á cidade de Compostela o “Outono Códax Festival” na súa xa 9ª edición. Música negra, rythm&blues, soul, country, rockabilly e o rock ‘n roll máis clásico daranse cita nun ciclo de cinco concertos que traerá polo país a algunha figura do máis destacado do xénero. 

‘Finisterrae, o último ultramarinos’

Producións Teatrais Alakran estrea ‘Finisterrae, o último ultramarinos’. A compañía de Borja Insua leva á escena un texto de María Lado e mestura teatro de actor/actriz con teatro de obxectos.

Pin It on Pinterest