Destacados

‘O electo’, a estrea de Cándido Pazó hoxe no FIOT

 

Un tic nervioso pode arruinar o discurso de investidura do novo presidente da Xunta na nova montaxe de Contraproducións que estrea hoxe no FIOT de Carballo, o espectáculo O electo.
Cándido Pazó dirixe a obra coa que se inicia no teatro o actor Antonio Mourelos, protagonista xunto a Manu Baqueiro. 

 

Conservamos con Guadi Galego

Hoxe visítanos Guadi Galego. 

25 de outubro: Día de Lorca en Galicia

25 de outubro: Día de Lorca en Galicia. Impulsado por Alvarellos Editora celébrase o seguno día de homenaxe ao autor de ‘Seis poemas galegos’. Un embaixador extraordinario da cultura galega segundo Henrique Alvarellos, ao que hoxe celebran en Pontevedra e mañá en Lugo. 

Chega a Vigo o “Galician Freaky Film Festival”: os días 24, 25 e 26 de outubro

O “Galician Freaky Film Festival”, de orixe totalmente galega, chega a Vigo os días 24, 25 e 26 de outubre. Conversamos co director deste Festival: Juan de Castro. 

Ademais, Tonhito de Poi fálanos da súa xira ‘Non hai onde esconderse’

Nacho Carretero e Xosé Antonio Touriñán levan ‘Fariña’ aos escenarios galegos

Nacho Carretero e Xosé Antonio Touriñán levan ‘Faiña’ aos escenarios galegos. O Teatro Colón da Coruña esgotou xa entradas para a estrea da montaxe que dirixe Tito Asorey e interpretan, xunto a Touriñán, María Vázquez, Marcos Pereiro, Cris Iglesias e Sergio Zearreta.

Touriñán: “Os protagonistas neste caso somos nós como sociedade, como pobo”

Carretero: “Isto debría ser o normal. Temos moitas historias por contar que a veces se quedan limitadas ao ámbito xornalistico”

Publícase unha antoloxía poética da obra de Fiz Vergara

Publícase “Non deixes que a tardiña me soprenda”, unha antoloxía poética e escolma da obra de Fiz Vergara Vilariño. A edición e estudo son de Yago Rodríguez Yáñez. 

Cinema para todas: comeza o IV Festival Internacional de Cine Inclusivo de Vigo que dirixe Gonzalo Suárez

Cinema para todas con subtitulados e autodescricións. Comeza a cuarta edición do Festival Internacional de Cine Inclusivo de Vigo que dirixe Gonzalo Suárez e que inaugura o filme ‘A nosotros tu reino’ un documental que retrata a vida logo dunha lesión medular do campión de kickboxing galego Simón González.

“Amorodo agre”, de Fernando Castro Paredes, gaña o XIX Premio de teatro Rafael Dieste

A obra de Fernando Castro Paredes, “Amorodo agre, é a gañadora do XIX Premio de teatro Rafel Dieste da Deputación de A Coruña. Ademais, comeza a semana do cine euroárabe “Amal”: do 21 ao 25 de outubro no Teatro Principal de Santiago de Compostela. 

Novas investigacións sobre a nosa historia antiga

Novas investigacións sobre a nosa historia antiga. Conversamos con Martín Fernández Calo, gañador do Premio Manuel Murguía de ensaio pola obra Callaici principes. Os soberanos da Galiza castrexa.


Agoraphobia conta a súa xira polo Reino Unido…por notas de voz!

Crónica, en notas de voz, da xira de presentación do novo disco de Agoraphobia polo Reino Unido.

Pin It on Pinterest