Liber 2023
Fran Alonso, director de edicións Xerais: “Non temos determinadas ferramentas institucionais que existen noutras culturas”. As editoras galegas asisten a LIBER, a feira do libro mais relevante do contexto español.
Fran Alonso, director de edicións Xerais: “Non temos determinadas ferramentas institucionais que existen noutras culturas”. As editoras galegas asisten a LIBER, a feira do libro mais relevante do contexto español.
A compañía Humana impulsa esta versión galega de ‘Iphigenia in Splott’, un texto do dramaturgo galés Gary Owen que retrata as consecuencias das políticas de austeridade económica e recortes sociais a través do monólogo dramático dunha moza de barrio. Conversamos coa actriz Alba Caneda, que interpreta a protagonista de ‘Iphixenia na porta do súper’, e coa súa directora, Sara Rey. A montaxe comeza a súa xira de outono, con funcións en Tui, Vila de Cruces, o FIOT de Carballo, Boiro, As Pontes, O Grove, Foz e A Guarda.
Dúas directoras de revistas nos visitan: dunha banda, Beatriz López nos fala da súa MujerArt e da visibilización da arte en feminino; da outra, Tamara Novoa celebra os cinco anos de vida de A Movida.
Falamos coa protagonista de “O Corno”, Janet Novás, sobre as claves do éxito do filme dirixido por Jaione Camborda, premiado coa Cuncha de Ouro á mellor película no Festival de Donostia.
“O Corno” abre o XX Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto estes días en Compostela. Falamos co seu director, Pela del Álamo, sobre as principais novidades do festival e da situación do audiovisual galego.
Pepe Barro conmemora os seus 50 anos como deseñador mostrando en público 66 dos seus cadernos de bocexos. Unha oportunidade de descubrir o proceso de traballo de Barro para crear a identidade gráfica de institucións, xornais, equipos deportivos ou produtos alimentarios. A mostra ‘A cociña de Barro. Cadernos de deseño’ pode visitarse na Fundación Didac de Santiago ata o 22 de decembro.
O Centro Dramático Galego estrea “Run Baby Run” no Salón Teatro de Compostela os días 6, 7 e 8 de outubro. Falamos con Fátima Delgado e Jana Pacheco, autora e directora da obra.
Diario Cultural das 10:30
Programa especial dedicado ao Ourense Film Festival desde o centro cultural Marcos Valcárcel de Ourense. Con Enrique Otero e Javier Gutiérrez, director e protagonista da película ‘Honeymoon’, que forma parte da sección oficial do festival e de Panorama Galicia; a cineasta mexicana Lila Avilés, directora de ‘Tótem’, outro dos filmes da sección oficial do OUFF e o director do festival, Miguel Anxo Fernández.
Tamén conversamos con Marisa Paredes e Chema Prado, a conta da exposición fotográfica ‘Series’, coa coordinadora da sección OUFF en curto, Laura Guizán e o cineasta Santos Díaz, un dos participantes.
O xornalista Benxamín Vázquez acompáñaos nun paseo por Santiago buscando gárgolas, eses desaugadoiros dos edificios que ás veces adoptan formas curiosas, monstruosas ou arrepiantes. Vázquez asina a guía trilingüe Gárgolas de Compostela co fotógrafo Xaime Cortizo. Unha publicación de Alvarellos promovida polo Consorcio de Santiago.