Destacados

Como é o traballo dun artista de efectos especiais de maquillaxe?

Conversamos co compostelán Alberto Hortas, artista de efectos especiais de maquillaxe. Un dos traballos que marcou a súa carreira foi ‘O laberinto do fauno’.

“O videoclip de Thriller de Michael Jackson espertou en min a curiosidade polo mundo da maquillaxe”, conta o artista nos micrófonos da Radio Galega.

Falamos con Terbutalina do seu novo traballo discogáfico: “Espabila, galllego”

Os rapaces de Terbutalina presentan novo traballo discográfico: “Espabila, gallego”.  Dende as 20:30, soan este xoves 31 de outubro as cancións do novo disco en Santiago de  Compostela, na Sala Capitol. 

‘Cándido e os demais’ e ‘Cara de velocidade’, de Kalandraka, triunfan nos Premios Nacionais

 

Cándido e os demais e Cara de velocidade, publicados por Kalandraka, recoñecidos co 1º e 3º Premio Nacional aos mellores libros editados infantís e xuvenís. 

 

O ‘Castañazo Rock 2019’ chega a Chantada os días 1 e 2 de novembro

O ‘Castañazo Rock 2019’ chega a Chantada os días 1 e 2 de novembro. Conversamos con Iván Gómez, un dos responsables deste festival. 

Unha nova viaxe: Terbutalina presentan en concerto o seu novo disco ‘Espabila Gallego’

Unha nova viaxe. Terbutalina presentan en concerto en Compostela ‘Espabila Gallego’ o novo disco da banda que coñecemos con Miguel Cernadas e Mon Núñez. Anímense ao baile!

Xosé Manuel Núñez Seixas, Premio Nacional de Ensaio 2019

O historiador galego Xosé Manuel Núñez Seixas é o novo Premio Nacional de Literatura na modalidade de ensaio. A súa obra: “Suspiros de España. El nacionalismo español 1808 – 2018” foi a premiada. 

Ademais, falamos con gañadores dos Premios de grafiti, música e videocreación do Xuventude Crea 2019. 

Comeza o XVIII Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán

Comeza o XVIII Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán. Organizado pola FEGATEA celébrase ata o 3 de novembro en Compostela. 

Falamos con Xoán Rubia, Premio La Room de Honra

O cantante e compositor galego, Xoán Rubia, membro da coñecida como Nova Canción Galega, recibía días atrás o premio La Room de Honra. 

II Xornadas de “Artesanía no prato” en ExpoCoruña

Branqueta, Misoco e Iria Prol. Achegámonos ao traballo de tres das artesás que participan nas II xornadas profesionais ‘Artesanía no prato’ que se celebran en ExpoCoruña.

A autora Rocío Leira preséntanos o seu último traballo: “Veleno en familia”

A autora Rocío Leira preséntanos o seu último traballo: “Veleno en familia”, intriga nunha selva de personalidades diferentes e quen sabe se tamén un crime perfecto. 

Pin It on Pinterest