Destacados

Comeza o Curtas Armadiña en Poio

Comeza o Curtas Armadiña. Un festival con atención ao audiovisual local e ao galego e que homenaxea a Maside e ás peixieras da zona no cartel deste ano.

Falamos con Tamara Andrés

Nelson Quinteiro presenta ‘Músicas de Domingo’

O músico e cantareiro Nelson Quinteiro presenta ‘Músicas de Domingo’, un proxecto onde o piano é o protagonista. “É levar a música tradicional a un universo cinematográfico”, di Quinteiro na Radio Galega.

O galego Adolfo Domínguez é Premio Nacional de Moda 2019. Súmase á lista de galegos que recibiron neste ano este recoñecemento: Pilar Pallarés, de Poesía; Núñez Seixas, de Ensaio; e o noso Anxo Quintela, de Xornalismo Cultural.

Teatro de Ramboia estrea ‘O meu mundo non é deste reino”

Tempo de teatro no Diario Cultural. A compañía Teatro da Ramboia estrea “O meu mundo non é deste reino”. Hoxe ás 20:30, no Auditorio de Ourense. Esta obra, dirixida por Maria Peinado, resultou premiada no primeiro certame Manuel María de proxectos teatrais. Unhas horas antes da estrea falamos coa súa directora e con Fran Lareo.

“As librarías tócannos” para celebrar o Día das Librarías o 8 de novembro

 

“As librarías tócannos” é o lema co que este 8 de novembro se celebra o Día das Librarías.
Desconto do 5%, actividades literarias e un certame nas redes sociais centran a celebración da que falamos coa presidenta da Federación de Librarías de Galicia, Pilar Rodríguez. 

 

Dende o 7 de novembro, no Kiosko Alfonso, Xoán Piñón presenta unha exposición fotográfica dos seus traballos entre 1977 e 2012

O fotógrafo Xoán Piñón retorna ó Kiosco Alonso, en A Coruña, para presentar unha selección dos seus traballos fotográficos dende 1977 ata 2012. Poderase ver dende o 7 de novembro. 

Corpo, pel e gravidade na exposición ‘A cuarta pel’ de Sara Coleman

Corpo, pel e gravidade. A artista e deseñadora Sara Coleman interven a Fundación RAC de Pontevedra coa exposición ‘A cuarta pel’. Pode visitarse ata o mes de decembro.

A Fundación Eugenio Granell presenta “Fragmentaria”: unha exposición de escultura de José Perozo

Ata o 12 de xaneiro de 2020, a Fundación Eugenio Granell (Praza do Toural, Santiago de Compostela) expón a mostra “Fragmentaria”: unha exposición de escultura de José Perozo. Falamos con el. 

“Hai que escribir as óperas do futuro”

Entradas esgotadas en Compostela para a estrea da ópera galega ‘A amnesia de Clío’.
Conta coa dirección artística de Marta Pazos, musical de Paul Daniel, libreto de Fernando Epelde e composicións de Fernando Buíde nesta produción de Voadora xunto á Real Filharmonía de Galicia e o Orfeón Terra a Nosa.

Dende fai unha semana, o Concello de Sada goza do “Ciclo Esperto 2019”

Dende fai unha semana, o Concello de Sada goza da quinta edición do ciclo “Esperto 2019”. Conversamos con David e Lorena, promotores desta iniciativa artística e cultural. 

Chan da Pólvora: A supervivencia e o proxecto cultural dunha libraría especializada en poesía

A supervivencia e o proxecto cultural dunha libraría especializada en poesía. Quico Valeiras fálanos do espazo Chán da Pólvora e da súa intensa programación de novembro. 

Pin It on Pinterest