Álex Charlón: “Significa volver á equipa do meu corazón, un fogar que fomos construíndo”
- “Significa volver á equipa do meu corazón, un fogar que fomos construíndo pero non só entre os membros do grupo senón tamén co propio público”
Conversamos con Augusto Metztli, un dos autores de “Florilexio”: unha antoloxía de contos ilustrados.
Ademais, esta fin de semana, chega a Noia o a segunda edición do “V de Viñetas”.
Marcelo Dobode publica ‘Turoqua’. Un disco cheo de afectos que parte da tradición para soar a soul, funk ou jazz e que se estrea en directo o domingo 17 no Teatro Principal de Pontevedra.
Inaugúrase a exposción “Galicia, un relato no mundo”, no Museo Centro Gaiás, en Santiago de Compostela. Unha mostra que explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo, un percorrido que nos leva dende a prehistoria ata a actualidade. É a primeira das tres que anuncio a Xunta de Galicia para este Xacobeo 2021.
Conversamos tamén con Orisel Gaspar, que compartiu seu proxecto “Boberías” cos alumnos da Escola de Artes Aula D de Vigo.
E ademais, Vituco Neira e o seu grupo “Ruxe Ruxe” preparan novo traballo nos “Garate Studios”.
Punto de cruz e lá sobre arpilleira branca: así é 7 a obra coa que Mauro Trastoy gaña o Premio Isaac Díaz Pardo de Artes Plásticas da Deputación da Coruña. O xurado valorou a experimentación coa trama e a urda, un quefacer artesán para unha pintura sen pintura. O artista presenta estes días a exposición ‘Sen ser’ na galería Marisa Marimón de Ourense.
A Fundación María José Jove lanza unha aplicación de realidade aumentada para achegarnos a 75 obras dos séculos XIX, XX e XXI que ten expostas na súa sede da Coruña. A app ‘ARte María José Jove’ pódese descargar de balde para Android e IOS e permite tamén percorrer a exposición dende a casa de xeito virtual.
Os días 15 e 16 de novembro chega á Coruña, na Fundación Luís Seoane, a terceira edición do festival de fotografía “FFoco”: un punto de encontro para profesionais e afeccionados da fotografía documental galega. Conversamos co seu director, Juan Varela.
A partir do venres 13 de novembro poderase visitar a mostra “Galicia, un relato no mundo”, no Museo Centro Gaiás. Unha exposición que nos achega máis de trescentas pezas de moitos lugares do mundo e con cuxo pasado, grazas á realidade virtual, poderemos conectar.
Conversamos con Manuel Gago, comisionado da mostra e con Verónica Santos coordinadora, dentro do departamento de exposicións da Cidade da Cultura, da chegada destas obras.
Manuel Núñez Singala publica ‘Atranco no banco’. Galaxia publica este novo enredo dramático do autor da popular obra ‘O achado do castro’.
Soledad Felloza e María da Pontragha son algunhas das narradoras que formaron parte do Festival Atlántica. No ciclo de contos e historias “Os luns non hai peixe, hai moito que contar”, en Santiago de Compostela, estará María da Pontragha. O luns 11 de novembro: ás 21:00 no Modus Vivendi e ás 22:00 na Borriquita de Belém.