Destacados
A exposición “O camiño Francés en 360º”, de Goyo González, inaugúrase o 22 de novembro no Museo das Peregrinacións, en Santiago de Compostela
A exposición “O camiño Francés en 360º”, do fotógrafo madrileño Goyo González, inaugúrase o 22 de novembro no Museo das Peregrinacións, na Praza das Praterías en Santiago de Compostela.
Antón Riveiro Coello e Álex Alonso gañan o Premio Torrente Ballester de Narrativa en Galego da Deputación da Coruña
“As liñas do paraíso”, de Antón Riveiro Coello e “Crónica denigrante”, de Álex Alonso, fánse co Premio Torrente Ballester de Narrativa en Galego da Deputación da Coruña. O tribunal, nesta 31º edición do galardón literario, destaca a capacidade de ambos autores á hora de recrear a realidade social.
Falamos tamén da nova Escola de Estudos Superiores de Música de Galicia, con sede en Valga.
O día de Jonas Mekas en Cineuropa
Mañá, 20 de novembro, o Coro Cantábile da Coruña presenta no Teatro Colón o seu novo proxecto: “Palabras de Luz”
Mañá, 20 de novembro, o Coro Cantábile da Coruña presenta no Teatro Colón o seu novo proxecto: “Palabras de Luz. A proposta, que conta coa colaboración da Deputación de A Coruña, intégrana doce poetas, seis compositores e o propio coro.
Ademais, felicitamos a Emma Pedreira, Carlos Busqued e Antonia Manzini, premios “San Clemente Rosalía Abanca” na súa XXV edición.
A Semana de Cine Submarino de Vigo homenaxea ao documentalista e fotógrafo galego Jorge Candán
A Semana de cine submarino de Vigo homenaxea ao documentalista e fotógrafo galego Jorge Candán.
O Teatro Afundación acolle as proxeccións desta 29 edición da Semana entre o 20 e o 22 de novembro.
A Xunta e a Fundación Camilo José Cela celebran o III Encontro de Escritores de Iria Flavia
Os días 19 e 20 de novembro, a Xunta e a Fundación Camilo José Cela celebran o III Encontro de Escritores de Iria Flavia. Unha cita na que autores, literatura e vangarda uniranse no marco do 30 aniversario da concesión do Premio Nobel a Camilo José Cela.
Ademais, o cinema galego segue a acadar éxitos polo mundo. Descubrimos os nosos filmes premiados en diferentes festivais do panorama internacional do cine.
A lusofonía unida a través da improvisación oral
A lusofonía unida a través da improvisación oral. Compostela e Baio acollen dende hoxe ata o mércores as actividades da Regueifesta, a festa da imporovisación galego-portuguesa á que nos achegámonos co profesor Manolo Maseda.
Nace un novo selo: ‘Lindisfarne’, con Alberto Cernadas e a cantante mallorquina Clara Fiol.
Recital de Lorena Souto
Recital de Lorena Souto. A escritora do Páramo le textos de ‘Coleópteros’, fálanos de Aderyn, o seu proxecto co músico David Miranda e escolle para recomendarnos unha canción da portguesa Surma.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 164
- 165
- 166
- 167
- 168
- …
- 221
- Seguinte ›