Destacados

A galega Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía 2019

A zoqueira galega, Elena Ferro, recibe o Premio Nacional de Artesanía 2019. O Ministerio de Industria destaca que a artesá consiguiu dotar dun significado de complemento de moda ós tradicionais zocos campesiños. 

Ademais, conversamos co director de “Longa Noite”, Eloy Enciso, cuxa película chega mañá ás salas de cine de todo o país. 

 

A Irmandade da música galega recupera a Manuel Martí

Cúmprense 200 anos do nacemento deste pianista e compositor en Vigo e mañá homenaxearano en Rianxo. Do concerto e da historia de Martí falamos coa pianista e musicóloga Margarita Viso. 

O Museo do Mar de Vigo inaugura Plástika

O Museo do Mar de Vigo inaugura a exposición Plástika, que reúne un grupo de artistas a través do certame que convoca a asociación Apóstrofe.

Este certame é unha cita importante no campo de creación contemporánea en Galicia. É unha mostra internacional, multidisciplinar de grande calidade artística e estética. Isto ofrece a oportunidade de apreciar o traballo dun importante número de creadores.

A mostra inaugúrase este vindeiro 6 de decembro e poderá visitarse de forma totalmente gratuíta ata o 11 de xaneiro.

O Fanzine Fest xunta máis de 20 artistas na Coruña coa electrónica de vangarda

O Fanzine Fest xunta máis de 20 artistas na Coruña, A electrónica de vangarda no centro do festival que se celebra no Planetarium, a Fundación Luis Seoane, o Teatro Colón ou a sala O Túnel entre o 5 e o 7 de decembro.
No cartel The Horrorist, Levon Vicent, Galaxian ou Fasenuova. 

Roger de Flor e Amparo Arias presentan unha escolma da obra poética do británico William Blake, musicada no disco “Strange Mystery Flower”

Os irmáns Roger de Flor e Amparo Arias, presentan unha escolma da obra poética do británico William Blake, musicada no disco “Strange Mystery Flower”. 

A que cheiran as cores? Galaxia publica unha guía para coñecer o cerebro do neurocientífico Juan Casto Rivadulla

A que cheiran as cores? Galaxia publica unha guía para coñecer o cerebro do neurocientífico Juan Casto Rivadulla. Unha obra da colección Lanterna de Aristóteles que coordina Luísa Martínez, responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia.

Diario Cultural Especial “Culturgal”

O Diario Cultural desprázase a Pontevedra para o primeiro día do “Culturgal”: a feira da actividade cultural de Galicia. Polos micros da Radio Galega pasaron Antía Otero, responsable da editorial Apiario; Miguel Toval, de Edicións Embora ou o música Marcelo Dodobe, entre outros. 

Santiago acolle a Gala dos Premios Youtubeir@s

O Teatro Principal de Santiago acolñle hoxe a III Gala dos Premios Youtubeir@s, onde Patricia de Lorenzo exercerá de mestra de cerimonias, e que poderá seguirse en streaming dende as 20h.

O leitmotiv da gala é o lema “Conéctate á comunidade e multiplícate”. Este ano, a participación incrementouse en 1000 minutos máis de contido. 

Os lucenses Arrhythmia presentan “Un”, o seu terceiro traballo

Os lucenses Arrhythmia presentan “Un”, o seu terceiro traballo. Converamos con Alberto Busto, un dos integrantes do grupo. 

Mondoñedo acolle o IX Encontro Titiriteiros

A vila de Mondoñedo acolle esta fin de semana o IX Encontro Titiriteiros. Falamos co director da compañía Mircromina Tel Ton Arenas e con Arturo Pérez.

Pin It on Pinterest