Destacados

Xurxo Lobato e Rosario Sarmiento presentan “Nóvoa 1919-2019”

O fotógrafo Xurxo Lobato dirixiu o filme “Nóvoa 1919-2019” para conmemorar o centenario do nacemento do pintor Leopoldo Nóvoa.

O Museo de Pontevedra recolle este documental de 18 minuos no que se reúnen “as opinións de diferentes persoas ligadas ao artista pontevedrés”.

Falamos con el e a comisaria da mostra, Rosario Sarmiento.

Cultura de Nadal

O Nadal tamén é tempo de desfrutar coa música en directo ou coñecer o traballo dos artesáns. Reparamos nas propostas do festival ciCLICKa en Vigo, do Rebulir en Ramirás, do mercado da Estrela en Santiago e da Gala Rebelde Solidaria de Pallasos en Rebeldía.

Hoxe, 20 de decembro, o Mercado da Estrela en Santiago de Compostela inicia a súa oitava edición

Hoxe, 20 de decembro, o Mercado da Estrela en Santiago de Compostela inicia a súa oitava edición. Neste ano marcado pola climatoloxía, a organización soubo adaptarse: os concertos non se farán nas carpas habituais do mercado, senón na Caso do Matadoiro en Compostela. Por alí pasaran grupos como De Ninghures, The Limboos ou Blanco Palamera

A compañía A Feroz estrea en Compostela ‘Santa Inés’

A compañía A Feroz estrea en Compostela ‘Santa Inés’.

Inés Salvado protagoniza a montaxe escrita e dirixida por Lorena Conde. Unha obra que ofrma parte do programa ‘Hildegarda. As mulleres na tradición cristiá. Xornadas para un diálogo feminista’ que desenvolve toda a fin de semana.

Preséntase a XIV edición do Festival Internacional de Rebulir (FIR)

En Ramirás, Celanova, do 19 a 22 de decembro, terá lugar a XIV edición do Festival Internacional de Rebulir (FIR), organizada pola Asociación Cultural Rebulir. 

Ademáis, en Vigo, comezou tamén o Festival Cliclicka. 

 

O COAG reedita ‘Arquitectura popular de Galicia’, de Pedro de Llano

 

O COAG reedita ‘Arquitectura popular de Galicia’, un volume do que falamos co autor, o arquitecto Pedro de Llano, e que se presenta esta tarde na Coruña.

 

Coñecemos ‘A Cortados’, a nova webserie creada por catro mozos da Estrada

Coñecemos ‘A Cortados’ unha nova webserie creada por catro moz@s da Estrada que forman Gancho Producións e que se estreará o 28 de decembro.

Miguelanxo Prado publica o álbum ilustrado ‘Amani’

Miguelanxo Prado publica ‘Amani’ un álbum ilustrado baseado na historia real dun hipopótamo africano cuxo corpo produce menos testosterona que o habitual nestes animais. Unha obra que publica Retranca.

Coñecemos a obra poética do músico José Lameiras: “Contragolpes. Días de Luz, Días de Cravos”

Coñecemos a obra poética do músico José Lameiras: Contragolpes. Días de Luz, Días de Cravos.

Coñecemos o novo selo editorial ‘Cuarto de inverno’

Coñecemos o novo selo editorial ‘Cuarto de inverno’. Conversamos coa editora Andrea Jamardo e a autora dun dos primeiros títulos Tamara Andrés que nos presenta ‘Irmá paxaro’.

Pin It on Pinterest