Destacados

Sergio Moure, un compositor coruñés “de película”

Dende A Coruña, e pouco a pouco, Sergio Moure foi poñendo cada vez máis o seu nome nos títulos de crédito dos cines. Dende aquela banda sonora de ‘Inconscientes’ do ano 2004, que supuxo a súa primeira partitura para o cine coa correspondente candidatura para os Premios Goya e os Gaudí. Despois músicas para “Cargo”, composta conxuntamente con  Stephen Warbeck, gañador dun Oscar con “Shakespeare in love”, así como outros encargos para televisión como “Ecos” ou “Reliquias”.

Despois máis bandas sonoras para longametraxes coma “Un bo home”, “Retornos”, “Secuestrados”, “Lobos de Arga”, “Todo é silencio”, “O Corpo” ou “Tesis sobre un homicidio”.

Xa recentemente, o novo espectáculo “Leira”, de Nova Galega de Danza ou a película “Feedback”, que se estrea este venres 17 en Estados Unidos.

Conversamos con Pepe Barro, ilustre do deseño gráfico en Galicia

Os primeiros “cupóns” da Once, a camiseta da selección galega de fútbol ou o deseño de A Nosa Terra son unha pequena mostra da pegada de Pepe Barro, ilustre do deseño gráfico en Galicia. Conversamos con el. 

Ademáis, da man de Pepe Carreira, coñecemos as nominacións dos premios Oscar 2020

“O contaxio” de Xabier Xil Xardón e Elías Knor

Na súa colaboración sobre poesía, Alba Cid estrea este 2020 con dúas recomendacións sobre os últimos lanzamentos: ‘O contaxio’ de Xabiel Xil Xardón con Pablo Kaufmann e Miriam Rodríguez; e o volume recompilatorio coas súas propias traducións de Elías Knorr, o alter ego do cangués Elías Portela.

Os Cines Fórum proxectan “12 leiras” de Maceiras e Xosé Bocixa

As casas de pedra abrigaban ás familias cuxa vida xiraba arredor da lareira, as cortes, os alpendres, os hórreos ou os muíños que quedarían asoligados nas augas do encoro do Rexedoiro. A comarca, unha chaira con boas terras de cultivo, sustentaba unha economía labrega na que o gando e a terra tiñan unha importancia vital. Os terreos que hoxe ocupa o Polígono Industrial de Sabón pertencían, ata 1965, ao rural galego.

Moitas das súas descentes deixan o seu testemuño neste proxecto audiovisual de Xabier Maceiras e Xosé Bocixa que conta coa participación de Nós Televisión na produción e tamén na emisión do filme.

Será este luns 13 ás 19:30 nos Cines Fórum da Coruña.

 

Comeza unha nova edición do Filocafé na cafetería do CGAC

Quico Cadaval será este domingo o mantedor do encontro aberto ó redor dunha obra de arte da colección do CGAC, escollida nos almacéns do museo e café esta tarde na cantina do Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago. 

Laroá presenta disco

“Proxeccións” é o título do primeiro traballo discográfico de Laroá. Un proxecto que se enmarca no espectáculo “Camiños”, que a formación viguesa vai presentar ás nove desta noite no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. Oito músicos enriba do escenario nunha viaxe sonora con temas corais, temas percutivos, videocreación e danza. 

Fino Oyonarte, baixista de “Los Enemigos”, estará en concerto no Riquela Club de Santiago de Compostela

Fino Oyonarte, baixista de Los Enemigos, estará en concerto no Riquela Club de Santiago de Compostela. Hoxe, 10 de xaneiro, ás 21:30. Presenta os seus novos sinxelos: No mirar atrás e Calles vacías 

O dúo “Willie & Winnie” presenta o seu terceiro disco: “You & I”

O dúo “Willie & Winnie” presenta o seu terceiro disco: “You & I”. Conversamos con Andy Bill (Andrés Toimil), un dos integrantes.  

O “Clavicembalo” de Lugo, referente das salas de música en directo de Galicia, segue activo despois 30 anos

O Clavicembalo de Lugo, referente das salas de música en directo de Galicia, segue activo despois 30 anos. Falamos con Alberto Grandío e Álex Losada, promoteres desta histórica sala lucense. 

Elías Knörr traduce os seus poemas islandeses ao galego

 

Elías Knörr traduce os seus poemas islandeses ao galego. Tulipa editora publica ‘O prezo do inverno’

 

Pin It on Pinterest