Destacados

‘O Corno’, sororidade diante e detrás das cámaras

‘O Corno’ conta unha historia de sororidade e a solidariedade entre mulleres tamén se viviu durante a rodaxe, cun equipo maioritariamente feminino. Conversamos con tres das integrantes do equipo artístico e técnico do filme de Jaione Camborda: a actriz Julia Gómez, que encarna a muller que pare na primeira secuencia da película; María Lado, que interpreta a Teresa, a primeira persoa que axuda a protagonista do filme a fuxir e mais Uxía Vaello, a deseñadora de vestiario da película.

I Residencia FICBUEU

Nesta primeira Residencia FICBUEU, que terá lugar do 9 ao 15 de outubro en Ons, son catro os proxectos seleccionados de entre os 122 que se recibiron dende todo o territorio español, un tercio deles dende Galicia. A titora será Isabel Peña (Zaragoza, 1983), guionista de películas coma As bestas ou El reino –coas que gañou sendos Goyas–, Stockholm, ou Que Dios nos perdone y de series coma Antidisturbios.

Centenario do Seminario de Estudos Galegos

Comeza no Consello da Cultura o Congreso Saber de nós. Cen anos do Seminario de Estudos GalegosFalamos coa profesora e investigadora Pilar García Negro, do comité organizador.

‘Deadpan Karaoke’, Ibuprofeno Teatro fala de amor con humor e música

Ibuprofeno aborda as dificultades do amor na nosa sociedade cun espectáculo cómico, musical e participativo. Unha montaxe unipersoal na que Marián Bañobre encarna a Deadpan, un personaxe que non é quen de sentir. Cunha gran pantalla como escenografía, ‘Deadpan Karaoke’ une cancións, referencias cinematográficas e audiovisuais. O espectáculo, dirixido por Patricia Rodríguez terá a súas próximas funcións o 21 de outubro en Cangas e o 11 de novembro en Vigo. 

 

 

Gala aRi[t]mar

A Gala aRi[t]mar celébrase hoxe no Auditorio de Galicia. As premiadas son Arancha Nogueira, María Isabel Fidalgo, Fillas de Cassandra, Retimbrar e a Associaçao José Afonso. Falamos coas dúas primeiras.

“Con monicreques pódese falar de cambio climático, homofobia ou fodechinchos”

Galicreques volve a Compostela entre o 7 e o 15 de outubro con teatro de bonecos para público infantil pero tamén propostas para público adulto. O festival internacional de monicreques ofrecerá 60 funcións de compañías chegadas da Arxentina, Portugal, Colombia ou Francia, e tamén espectáculos de compañías galegas, que acollerán diversos espazos de Santiago e tamén a sala Gurugú da Coruña. Conversamos con Rafael Rey Domech, coordinador de Galicreques, sobre a aposta do festival por gañar novos públicos, a través da programación ‘Cara Bé’.

“Deiche os ollos e miraches as tebras”

Irene Solà preséntanos a súa obra “Deiche os ollos e miraches as tebras”, traducida ó galego por María Alonso da man de Kalandraka.

“Corentena”, con David Perdomo

“A química nace da admiración e do respecto que temos un cara outro”. Falamos con David Perdomo de “Corentena”, o espectáculo con Xosé Antonio Touriñán que arranca xira en Pontevedra este sábado. Reúne as principais historias e personaxes que naceron dos seus perfís de Instagram durante o confinamento.

Roberto González-Monjas: “Entendo unha orquestra como un servizo social”

Conversamos co novo director titular da Sinfónica de Galicia, un vallisoletano de 35 anos que tamén é violinista e foi concertino da Orquestra Xoven da OSG na súa adolescencia. A primeira temporada de González-Monjas á fronte da orquestra comeza con dous concertos con obras de Anders Hillborg, Sibelius e Dvorak.

“O camiño de Ramón Chao”

O documental “O Camiño de Ramón Chao” preséntase estes días no Ourense Fiml Festival. Aborda a traxectoria do xornalista e escritor Ramón Chao e o seu intese pola figura histórica de Prisciliano. Falamos co seu director, Aser Álvarez.

Pin It on Pinterest