Destacados

Celébrase en Mondoñedo un encontro de narración oral

O próximo 24, 25 e 26 de xaneiro imos celebrar o II Encontro de Narración Oral Galega, en Mondoñedo. O encontro vai constar dunha gala de contos para adultos, xornada de formación, reunión do colectivo e un roteiro de contos para público familiar.

No Diario Cultural entrevistamos a Vero Rilo, que é pare da organización do Encontro e membro do Colectivo NOGA, Narradores Orais de Galicia.

Fausto Isorna preséntanos unha exposición sobre o deseño das cubertas dos discos

No Diario Cultural falamos con Fausto Isorna, comisario da exposición “Xirarei: deseño de cubertas no disco galego 1955-1995”. A mostra está no Auditorio de Galicia, dende o 23 de xaneiro ata o 17 de maio.

Esta exposición amosa as portadas dos vinilos escollidas polas bandas de gaitas e orfeóns, Voces ceibes, Los Tamara, Miro Casabella, Luis Emilio Batallán, Ana Kiro ou os pertencentes á movida dos 80.

Conversamos con Santi Prego, nominado ao Premio Goya a Mellor Actor Revelación polo seu papel en “Mientras dure la guerra”

Conversamos co actor galego Santi Prego, nominado ao Premio Goya a Mellor Actor Revelación pola súa interpretación de Franco na película de Alejandro Amenábar: Mientras dure la guerra

Ademais, Irea López achéganos o programa do I Congreso Internacional de Teatro presentado pola Academia Galega. Desenvolverase do 25 ao 28 de marzo na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. 

A escritora Natalia Alonso presenta ‘A síndrome de Hayworth’

A escritora mariñá Natalia Alonso Ramos presentou o pasado venres na Libraría Bahía de Foz o seu libro de poemas ‘A síndrome de de Hayworth’. A autora acadou con esta obra o primeiro premio do certame de poesía da Asociación O Facho. Esta tarde visitounos para reflexionar sobre as transformacións.

Fernando Barroso presenta ‘Postais da última viaxe’

No Diario Cultural entrevistamos o compositor ferrolán Fernando Barroso, que presenta un adianto do seu novo traballo musical: ‘Postais da última viaxe’.

Habitando historias: 10 experiencias arredor do libro e da lectura

Dez profesionais fan a súa achega para poñer un pouco de luz e dar cas teclas precisas para o fomento da lectura. “Habitando historias: 10 experiencias arredor do libro e da lectura” é un volume que aspira a ser referencial no mundo educativo.

Falamos con Montse Muriano, doutora en Filoloxía e profesora da UDC en didáctica da lingua e da literatura, Mercedes Cerdeira, directora da biblioteca infantil e xuvenil Durán Loriga; e Fina Casadelrrey.

Xornadas de arte e natureza na Lanzada

Oito artistas de diferentes eidos da creación participan nas primeiras xornadas de arte e natureza, organizadas por Mardesía. Cóntanolo a comisaria desta proposta, a artista e docente Carmen Hermo. 

Falamos con Eduardo Pardo de Guevara da exposición itinerante do Instituto Padre Sarmiento

Vituco Neira entrevista ao director do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, Eduardo Pardo de Guevara, co gallo da exposición itinerante que recolle os seus 75 anos de historia.

Edu Albo expón a súa colección de pinturas na galería Monty4

O artista Edu Albo expón a súa colección de pinturas na galería Monty4 ata finais de xaneiro. Na exposición amosa o paso do tempo e a dureza da vida a través de pares de zapatos.

Nova Galega de Danza estrea o espectáculo “Leira”

Nova Galega de Danza estrea o espectáculo “Leira” o vindeiro venres, día 17, no Teatro Rosalía de Castro. Unha peza na que o corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á beleza, pero tamén á dureza, dos labores do campo.

No Diario Cultural falamos con Jaime Pablo Díaz, director de Nova Galega de Danza; co compositor Sergio Moure; e coa cantante Rosa Cedrón.

Pin It on Pinterest