Destacados

A importancia do mecenado na cultura, con Fran Quiroga

O mecenado é unha das capacidades da cidadanía na corresponsabilidade no deseño e creación de proxectos culturais, científicos ou sociais. Cómpre, daquela, atendelo e alentalo como ferramenta ao servizo do desenvolvemento económico, social, científico e cultural do país. Ademais de crer na cultura do mecenado, é preciso impulsar un espazo en que vehicular demandas sobre esta realidade, tanto no ámbito galego coma noutros territorios alén da nosa fronteira.

A xornada Cultura do Mecenado é un intento co que pensar que ecosistemas poderían ser os máis favorables para incrementar a cultura do mecenado.

Falamos co coordinador da xornada que celebra hoxe o Consello da Cultura Galega, Fran Quiroga.

Coñecemos o grupo Los Jinetes del Trópico

Coñecemos o grupo Los Jinetes del Trópico e conversamos con dous dos seus integrantes: José Manuel Pérez e Fernando Estévez.

‘Birimbao, poemas de min para ti’: Xerais publica as cartas de Celso Emilio Ferreiro durante a guerra civil

A aparición de Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939) supón un verdadeiro acontecemento literario. Esta obra de Celso Emilio Ferreiro desvélanos como é a poesía que o autor de Celanova ideou e escribiu ao longo da guerra civil e axúdanos a entender a xénese da súa expresión poética, que nunca abandonou.

Grilo presenta o seu álbum de rock ‘Dálle lume!’

O grupo de rock Grilo estreará hoxe o seu disco Dálle lume! na Sala Capitol de Santiago de Compostela. Recuperamos a conversa de Vituco Neira cos seus integrantes.

Celebramos o 200º aniversario de Concepción Arenal

Este 31 de xaneiro celebramos o 200º aniversario de Concepción Arenal, figura clave na cultura e no feminismo galego.

Celebramos o Día da Ilustración, dedicado este ano a Cándido Fernández Mazas

O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. O protagonista deste ano é Cándido Fernández Mazas.

A estrea de ‘Poeta en Nova York’

A produtora Paloma Lugilde presenta unha adaptación teatral de Poeta en Nova York, de Federico García Lorca, obra de irremediable actualidade, abordándoa desde conceptos pouco habituais: o dó como forza motriz a través do trato coa morte (tema ritual do poemario) ou a crise do desexo. Por iso, a experimentación terá un gran peso, materializándose nun espazo escénico contemporáneo no que a honestidade estea presente creado pola directora e dramaturga Paloma Lugilde.

O elenco está formado por María Roja, Sergio Zearreta, e Sabela Eiriz. Completan o equipo Ramón Ferreira na documentación, Diego Blanco nas proxeccións, Alfredo Sarille na luz, Pablo Sanmamed na música e Xoán Laxe na tradución.

Falamos coa directora Paloma Lugilde e a actriz María Roja.

Preséntase en Madrid o casting da serie ‘Tres caminos’

Este martes presentouse en Madrid o casting da serie Tres caminos, unha coprodución de Ficción Producións e Beta Films. Unha creación que promoverá o Camiño de Santiago de cara ao próximo Xacobeo 2021. Terá proxección internacional grazas á distribución de Amazon Prime Video.

O libro-CD ‘O camiño da luz’, de Carlos Rego, recolle a vida artística de Magín Blanco

A vida artística de Magín Blanco, no libro- CD O camiño da luz, que acaba de publicar Embora edicións. O seu autor é Carlos Rego, músico en proxectos como Burgas Beat.

A sala Numax presenta a serie ‘Premios Darwin’

A sala Numax de Compostela presenta tres capítulos piloto da serie Premio Darwin, un traballo de Creativa Talavera. Como alcanzar a inmortalidade? Como buscar un xeito curioso de falecer?

No Diario cultural entrevistamos a Guillermo Arias, director da serie, e a actriz María Vázquez.

Pin It on Pinterest