Destacados

Ruxe Ruxe presenta mañá o disco ‘O estraño falar dun monstro da aldea’

O grupo Ruxe Ruxe presenta o disco O estraño falar dun monstro da aldea. O concerto será este venres, día 14, na Sala Capitol de Compostela.

Monoulius DOP presentará o seu novo disco na Sala Capitol

O grupo Monoulius DOP presenta o seu novo disco o vindeiro sábado, 15 de febreiro, na Sala Capitol de Compostela. No Diario cultural tivemos connosco a Ula.

Tamén falamos do grupo Broa, que está preparando o seu primeiro disco. Entre os temas que van publicar, escoitamos Sairá o sol.

A Real Filharmonía de Galicia e o cuarteto Quiroga ofrecen tres concertos de ‘Xogando con Beethoven’

A Real Filharmonía de Galicia e o cuarteto Quiroga ofrecen tres concertos galegos esta semana baixo o título Xogando con Beethoven. O xoves 13, no Auditorio de Galicia; o venres 14, no Teatro Afundación de Vigo, e o sábado 15, no Palacio da Ópera da Coruña.

No Diario cultural entrevistamos a Cibrán Sierra (violinista) e a Josep Puchades(viola).

Falamos de rock and roll con Arapa-Xoe e coñecemos as candidatas aos Mestre Mateo

Falamos de rock and roll cos rapaces de Arapa-Xoe e coñecemos as candidatas aos Premios Mestre Mateo deste ano.

Festival San Pedro sen paredes. Artes escénicas de intervención doméstica

Sete espazos, sete propostas e catro pases. A veciñanza do barrio compostelán de San Pedro abre as súas portas para vivir unha ruta interactiva chea de teatro, maxia, circo e poesía. Sete espazos, sete propostas e catro pases.

Reestrea do espectáculo ‘Sen título 97/17’ no audiotorio municipal de Ourense

Entrevista a Mikel Arístegui, bailarín, coreógrafo, docente e director da compañía Sil Producciones/Artes en Movimiento, que hoxe presenta en Ourense a peza Sen título 97/17

Lembramos a figura de Pilar Pereira e falamos de ‘Arima’, a película de Jaione Camoborda que hoxe chega aos cines

Pilar Pereira naceu no 1937 e debutou no teatro aos dez anos coa obra Contos de Nadal de Dickens. Dende aí, iniciou unha exitosa carreira profesional que acadou o seu máximo recoñecemento con A sonata dos espectros, ás ordes de Edwar Fuller. A crítica especializada calificouna como unha actriz polivalente cun enorme talento para os papeis dramáticos e como referente en infinidade de producións teatrais.

Falamos tamén de Arima, a película de Jaione Camoborda que hoxe chega aos cines.

Falamos de ‘Capitán Breomán’, unha webserie de humor negro e absurdo xa dispoñible en Internet

Capitán Breomán é unha webserie de humor negro e absurdo que xa está dispoñible En Internet. Conversamos con Carlos Dorado Gayo, creador da serie, e con Helios Bouzón Carro, animador.

‘3 camiños’ ou ‘Hierro’ son algunhas das series feitas en Galicia para plataformas internacionais

Falamos daquelas series feitas en Galicia, para plataformas internacionais, que se atopan en plena rodaxe ou a piques de comezar. Entre elas, 3 Camiños e Hierro. 


Lembramos a figura de José Luis Cuerda, figura clave do cinema español das últimas décadas

O cineasta José Luis Cuerda (Albacete, 1947) faleceu este martes en Madrid aos 72 anos de idade. Director, guionista e produtor, converteuse nunha das figuras máis relevantes das últimas décadas do cinema español. É coñecido por A lingua das bolboretas (adaptación da novela de Manuel Rivas) ou por Amanece que no es poco –que xunto con Total e Así en el cielo como en la tierra inaugura a triloxía do surrealismo. Co seu O bosque animado (adaptación da novela homónima de Wenceslao Fernández Flórez) fíxose co Goya á mellor película en 1987.

Lembramos a súa figura co actor Tamar Novas e co historiador cinematográfico Miguelanxo Fernández.

Pin It on Pinterest