Destacados

Adhara e Ritman presentan “Por elas”

Adhara e Ritman presentan Por elas

“O enfermo imaxinario”, nova montaxe da compañía de teatro da ONCE, Muxicas

Entrevista ó director da compañía ourensá, o actor e director Tito Asorey, e á actriz Aída Saíz, que forma parte do elenco desde hai 20 anos.

“Emigrantas” estrea hoxe en Compostela

A SGAE de Santiago acolle o debut deste espectaculo de danza, coproducido pola Compañía Kirenia Martínez Acosta e o Centro Coreográfico Galego. A cita é ás 20:00h, na sala Germán Coppini.

A Academia Galega do Audiovisual recoñece ó festival Olloboi co Premio Especial José Sellier

A Academia Galega do Audiovisual recoñece ó festival Olloboi co Premio Especial José Sellier, “por utilizar o cinema como ferramenta transversal para a educación e a promoción da cultura e o idioma galegos entre a xuventude, ademais de visibilizar un compromiso ambiental e co entorno”. 

 

Falamos ca coordinadora do festival Olloboi, Ana Moreiras. 

Atópase unha carta inédita de Rosalía de Castro

Soubemos hoxe dunha carta inédita de Rosalía de Castro. Trátase dunha misiva dirixida a José Vilaamil, colaborador de Murguía. 

Conversamos con Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro. 

 

A Casa do Cabildo acolle a exposición “Des_facendo o xénero (a través do arte)”

A Casa do Cabildo acolle a exposición “Des_facendo o xénero (a través da arte)”: unha mostra colectiva e interdisciplicnar, articulada sobre a idea das identidades de xénero como construcción social e sobre os mecanismos que pode aportar a creación artística para rachar con elas. Conversamos con Begoña Álvarez Seijo, comisaria da exposición, e con María Eiras, artista e coorganizadora. 

Paco López-Barxas publica “Ben Cho Shey inédito”

O escritor e xornalista Paco López-Barxas publica “Ben Cho Shey inédito”. “É un libro dun home a quen eu admirei, fun amigo e veciño”, explica.

Coñecemos moi ben a xeración Nós, pero temos un pouco esquecida a figura de Xosé Ramón Fernández-Oxea, baixo o pseudónimo de “Ben Cho Sei”.

“Na casa de Ben Cho Shey en Madrid estivo agochado Ánxel Fole”, di Paco López-Barxas no Diario Cultural. “Ben Cho Shey foi o embaixador da cultura galega en Madrid”, engade.

The Lelli Kelly’s presenta novo traballo

The Lelli Kelly’s preséntannos o seu novo traballo: Congamonga!

Os Resentidos comezan unha xira de concertos por Galicia

Os Resentidos foron unha das bandas referentes do pop e do rock galego nos anos 80 e 90 do século pasado. Agora regresan con forzas renovadas e mañá actúan na Feira do Cocido de Lalín.

Será o primeiro concerto dunha pequena xira que os levará por Coruña, Santiago e Vigo. Tamén acaban de publicar un videoclip: A revolución non será televisada

No Diario cultural entrevistamos a Antón Reixa, líder do gupo.

Baldo Ramos publica o libro ‘Porque te quero’

O escritor Baldo Ramos presenta hoxe na Libraría Cartabón de Vigo o libro Porque te quero, da Editorial Galaxia. No Diario cultural falamos con el.

Pin It on Pinterest