Destacados

Galaxia publica ‘O caderno de Rosalía’, de María Xesús Blanco

A Editorial Galaxia publica ‘O caderno de Rosalía’, de María Xesús Blanco.

O libro conta a historia dunha rapaza creativa que narra as cousas que pensa e imaxina. A escritora María Xesús Blanco trata temas como a terapia psicolóxica.

O libro ‘O caderno de Rosalía’ xa está dispoñible nas librarías.

Especial ‘Diario cultural’ 25 de xullo

Programa especial do ‘Diario cultural’ 25 de xullo con Ana Romaní.

O 19 de agosto de 1936, o corpo de Ánxel Casal aparece nun foso na estrada de Cacheiras. O asasinato do editor de Nós e alcalde de Compostela simboliza a morte da intensa acción cultural e política do galeguismo durante a República. Os asasinatos da sublevación militar fenden a historia. Comezaban 40 anos de ditadura. O galeguismo enmudece baixo a represión do réxime franquista.

A resistencia cultural organízase no exilio. Xorden alí as editoriais que publicarán algúns dos títulos de referencia da literatura galega.

Cal é a situación do sector do libro?

Hoxe celebramos o Día do Libro. Tamén nesta data se conmemoran os 133 anos do Vello Cárcere de Lugo, un espazo con memoria que non esquece o ocorrido no interior das súas paredes.

A celebración onte do Día do Libro convocou todos os libreiros, editores, autores e demais traballadores do sector, unha vez máis, arredor do libro. Faino nun Día do Libro especial, nunha data distinta á de todos os anos e tentando impulsar a lectura na sociedade.

Imaxinas facer o Camiño de Santiago a través das constelacións?

Observatorio Astronómico Ramón María Aller organiza o congreso público ‘Astronomía nas Rutas Xacobeas’, co que podemos facer o Camiño de Santiago a través das constelacións.

Medulia Editorial publica ‘As noites de lúa e o xogo dos espellos’, do compostelán Manuel González Prieto.

O filme ‘María Solinha’ recibe o Taormina Film Fest, en Sicilia

‘María Solinha’, o filme de Ignacio Vilar, acaba de gañar a edición número 66 do Taormina Film Fest na sección Indieuropea. O filme foi proxectado na súa versión orixinal en galego con subtítulos en italiano e conquistou o xurado.

Tamén falamos do filme ‘A illa das mentiras’, que abrirá o Festival de Cans. Así, a galega Paula Cons debuta como directora. A produción tamén chegou ata o Festival de Shanghai, un dos máis importantes do mundo.

Comeza a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

Hoxe comeza a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. A directora de escena pontevedresa Marta Pazos recibirá o Premio Roberto Vidal Bolaño ao mérito nas artes escénicas.

O director da Mostra, Roberto Pascual, di que “queren ser o corazón e o pulmón do teatro galego”.

O mundo da cultura rende homenaxe a Rosalía de Castro no 135 aniversario do pasamento da poeta

Fundación Rosalía de Castro conmemora os 135 anos dende o falecemento da poeta galega, con recital poético e actuación musical.

As situación sanitaria obrigou a cambiar o tradicional festival ‘Abride a fiestra’ por outro tipo de acto. Pero non falta a poesía, a música e os relatorios, coas voces de Cándido Duro, Antón Blanco e Noelia Gómez. A música chega da man de Carmen Dor. Tamén serán protagonistas o director da revista ‘Follas Novas’, Xosé Luis Axeitos; a Amiga da Casa de Rosalía Carme Hermida, o promotor da iniciativa Estrela Rosalía, Martin Pawley, e o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira.

A Real Academia Galega publica o discurso de ingreso dun dos maiores e máis ilustres investigadores de Rosalía de Castro, o escritor Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Quico Cadaval recibe o Premio Xiria ao Labor Teatral 2020

No Diario cultural falamos con Quico Cadaval, que acaba de recibir o Premio Xiria ao Labor Teatral 2020.

Cirkompacto estrea ‘Hell Brothers’ na Mostra de Teatro de Cangas

A compañía galega Cirkompacto estrea ‘Hell Brothers’, o seu primeiro espectáculo na Mostra de Teatro Cómico de Cangas.

A escritora Érica Esmorís recibe o Premio Cidade de Málaga de Literatura Infantil e Xuvenil

No Diario cultural conversamos coa escritora coruñesa Érica Esmorís, premio Cidade de Málaga de Literatura Infantil e Xuvenil. 

O lector ascende polas escaleiras dun edificio, da man da protagonista, para coñecer a veciñanza.

A protagonista tenta adiviñar a vida das persoas a partir da roupa que colgan no tendal. Pero nada é o que parece… 

Pin It on Pinterest