Destacados

Baobab Teatro inaugura o Agosto Monicrequeiro da Cidade da Cultura

Agosto Monicrequeiro é a nova oferta de ocio e cultura familiar que nos propón a Cidade da Cultura. Uns espectáculos de marionetas que se desenvolverán ao aire libre, no Xardín do Teatro.

A programación inclúe as propostas das máis prestixiosas compañías galegas de marionetas: Tanxarina Títeres, que estará o 12 deste mes de agosto, Os monicreques de Kukas, o 19; e hoxe mesmo inicia este ciclo Baobab Teatro ás 7 da tarde co seu espectáculo Roque, Roquiño descobre o camiño, no que a actriz Andrea Bayer, descóbrelle a un fermoso e tenro monicreque e aos máis cativos as historias do Camiño de Santiago. 

A directora do espectáculo, Andrea Bayer fálanos da súa proposta

Entrevista a Samuel Diz, director artístico do festival Música no Claustro

Música antigua, clásica, contemporánea, pupular e tamén jazz danse cita na XIV edición de Música no claustro. Un festival que mestura música, patrimonio e creación na Catedral de Tui. 

Desenvólvese do 1 ao 7 de agosto, erixíndose como un espazo no que as persoas alimenten a súa confianza no futuro máis próximo dende o respeto e a convivencia, coa responsabilidade individual dentro do ecosistema colectivo do que formamos parte. 

Xa no ecuador do programa, o seu director artístico, Samuel Diz, fálanos da oferta do festival no que o prato forte é a música con 7 concertos que dan vida cada serán ao monumento, nun diálogo interxeracional que parte do compromiso de Música no claustro polas novas xeracións. 

Tamén se desenvolveron e hai prevista para hoxe mesmo conversas, en formato dixital, para o coñecemento e difusión do patrimonio e historia tudenses. 

Carlos Núñez comeza a súa nova xira polos lugares máxicos de Galicia

O músico galego Carlos Núñez comeza a súa xira Lugares Máxicos, unha xira onde se aposta por abandonar lugares pechados, contaminantes, agoniantes, por buscar outros máis abertos e especiais.

A xira, que se viña cavilando dende hai 5 anos, garda unha estreita relación coa arqueoloxía na busca de escenarios onde a contorna conxugue coa música nun espectáculo aínda máis especial.

Este mesmo venres 7 estará no pazo de Baión en Vilanova de Arousa. O día 8 estará no Mosteiro de San Salvador en Celanova e o 9 no de Santa María en Melón. A acollida está sendo moi boa por parte do público e, de feito, as entradas para o día 15 no Miradoiro de Monteferro en Nigrán xa están esgotadas. É por iso que se decidiu realizar unha nova sesión cun concerto matinal, alí mesmo, no día 16.

Nesta xira, o artista fará un adianto de Qeltic Bethoven, o seu próximo traballo, en que repasará os últimos Opus da lenda da música clásica que gardaban unha estreita relación coa música tradicional celta.

Alba Barreiro innaugura o Noia Harp Fest

A gran cita de harpa en Galicia, o Noia Harp Fest, presenta nesta edición tres concertos: Alba Barreiro Trío, Noia Harp Consort e a banda do gambiano Mbye Ebrima, por primeira vez en Galicia.

Falamos co director do festival, Rodrigo Romaní, que nos desvela as claves desta nova edición; e con Alba Barreiro, a encargade de innaugurar este ciclo de música clásica.

A arpista viguesa presenta en formato trío o primeiro traballo discográfico adicado á música galega transcrita para arpa pola propia intérprete: ‘Eixos cromáticos’. Unha proposta musical, a que nos fai Alba Barreiro, basada nas composicións de dous dos referentes da música culta galega de principios do séxulo XX: Andrés Gaos e Xesús Bal e Gay.

Entrevista a Pepe Peinó

Coa obra “Bica de Montouto”, José Vázquez Peinó fíxose coa vitoria na quinta edición do Concurso de Relatos Balbino. Máis coñecido como Pepe Peinó, este lucense natural de Alfoz, profesor de secundaria no IES de Alfoz Valadouro, é autor de máis de 100 obras de teatro, ademais de actor e director de teatro e de cine. Ten publicado o libro “20 obras de teatro afeccionado” en autoedición, ademais de dúas novelas e unha zarzuela.

Gaña a quinta edición do concurso de relatos “Balbino” co texto “Bica de Montouto”. Do relato, o xurado salienta “a forza telúrica dunha historia sobre o despoboamento rural no que se moven personaxes cheos de matices que loitan pola supervivencia do seu”.

 

Entrevista a Daniel Amarelo, coordinador de “Nós, xs inadaptadxs”

Daniel Amarelo coordina “Nós, as inadaptadas: representacións, desexos e historias LGTBIQ na Galiza”, publicada por Através Editora. Na obra participan máis dunha quincena de autores, como Candela Barro, Afonso Becerra, Carlos Callón ou Iria Veiga, propios de distintos campos coma o activismo, a literatura, o xornalismo, a docencia ou a arte. Un conxunto de visións que conforman unha obra que se vía xa necesaria.

Entrevista a Caterina Varela, de “Cara a unha escena plural”

Sabela Mendoza e Caterina Varela impulsan o proxecto ‘Cara a unha escena plural’ co obxectivo de conseguir unha presenza estable e regular da danza e das artes vivas na oferta cultural galega. 

Sabela Mendoza e Caterina Varela impulsan ‘Cara a unha escena plural’

Sabela Mendoza e Caterina Varela impulsan a iniciativa ‘Cara a unha escena plural’, que ten como obxectivo aumentar a presenza das artes escénicas no panorama da cultura galega.

“Este proxecto é un horizonte, a nosa meta”, cóntanos Caterina Varela.

Afonso Becerra recibe a Mención de Honra do Festival de Teatro da Almada

O Festival Internacional de Teatro da localidade portuguesa de Almada recoñece o traballo de Afonso Becerra, crítico e dramaturgo galego. Recibe a Mención de Honra polo artigo que escribiu sobre Isabelle Huppert e Robert Wilson no feitizo Mary said what she said’. No Diario Cultural falamos co protagonista.

Melania Cruz recibe o Premio Cinema Galego do FIC Bueu

O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu entrégalle o Premio Cinema Galego á actriz lucense Melania Cruz.

No Diario cultural falamos con ela e co director do festival, Manuel Pena.

O festival aposta por celebrarse, cumprindo con todas as medidas sanitarias, nun ano complicado pola pandemia da Covid-19. Celébrase de forma integrada na marca Rías Baixas Film Festival.

“A traxectoria de Melania representa todo aquilo que queriamos destacar neste festival”, asegura Manuel Pena.

“Este premio é un agasallo para min, nun momento da miña vida onde me axudou moito”, conta Melania Cruz.

Pin It on Pinterest