Os nomes propios, na VIII Xornada de Onomástica
A VIII Xornada de Onomástica aborda a importancia dos nomes de lugar e de persoa na nosa literatura popular. Conversamos con Luz Méndez, unha das coordinadoras do encontro, e coa antropóloga Elena Freire Paz, que será unha das relatoras desta edición. O Seminario de Onomástica da Real Academia Galega organiza a Xornada, que se desenvolverá no Museo de Pontevedra o sábado 21 de outubro. O encontro poderá seguirse tamén a través da web academia.gal