Destacados

Os hórreos, camiño da declaración como patrimonio inmaterial

Arredor dos máis de 100.000 hórreos galegos creouse un rico patrimonio cultural que tamén cómpre preservar. O Consello do Patrimonio, no que participan Ministerio de Cultura e comunidades autónomas, anunciou o comezo dos trámites para declarar os hórreos de todo o estado como patrimonio inmaterial. O colectivo internacional Red Hórrea, que agrupa os territorios do norte peninsular nos que existen este tipo de construcións e tamén outros países, quere impulsar no futuro a declaración destes celeiros elevados como patrimonio inmaterial da Humanidade. Para 2024 preparan o seu próximo congreso internacional, que se desenvolverá na Estrada. 

Novedades musicais con Vituco Neira

Falamos de varios traballos: ‘Esterco’ de Temible Olivina; ‘Mentres todos os meus libros arden’, de Fanny & Alexander; ‘Hoxe o sol brilla por nós’, de Os Bar Ban Sónicos; e ‘Guayakill’, de The Lelly Kelly’s.

Curtas, Festival do Imaxinario en Vilagarcía de Arousa

Semana de medo en Vilagarcía. Celébrase o Festival do Imaxinario Curtas, centrado no cine fantástico. Serán proxectadas 23 longametraxes e 95 curtas. Falamos co director do festival, Luis Miguel Rosales.

Corenta anos dos Premios Xerais

Conmemoramos os 40 anos dos Premios Xerais con dous convidados: Fran Alonso, director de Xerais; e Carlos G. Reigosa, primeiro premiado da historia con Crime en Compostela (1984).

“Tiñamos unha capacidade de utopía que hoxe non hai”

Bieito Ledo será recoñecido como Presidente Fundador dos Premios da Crítica Galicia na XLVI edición dos galardóns que se celebra este sábado na cidade de Vigo.

De Dorothé Schubarth a Grande Amore. A AELG volve celebrar a literatura de tradición oral en Lugo.

Lugo acolle a XVI Xornada da Literatura de Tradición Oral, organizada pola AELG: un faladoiro en homenaxe a Dorothé Schubarth, a gala dedicada aos mestres e mestras da memoria e mais unha xornada dedicada ás cancións que se desenvolverá o sábado, titulada ‘Das regueifas ás músicas actuais’, na que participan Sés, O Leo de Matamá ou Alba María.

Conversamos con Lois Pérez, da sección de literatura de tradición oral da AELG e con outros dous dos participantes das xornadas do sábado, a xornalista Marta Veiga Izaguirre, que falará da nova verbena galega e o músico Nuno Pico, que explicará como escribe as súas cancións. 

Arranca Womex 2023

Unhas 3.000 persoas danse cita, considerado como o encontro musical máis internacional e diverso do mundo. Desprazámonos ata alí para falar con Victor Belho, de Nordesia e Carlos Seixas, do Festival de Músicas do Mundo de Sines.

“O que hai. Obxecto, materia e o cotián nos tempos da precariedade”

Inaugúrase na Fundación Laxeiro de Vigo a exposición “O que hai., obxecto, materia e o cotián nos tempos da precariedade”

Comeza na Coruña a 29ª edición do Womex

Comeza na Coruña a 29ª edición do Womex

O Certame Galego de Bandas de Música chega esta fin de semana a Narón

É a décimo sexta edición do certame anual organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, que reunirá máis de seiscentos músicos no Pazo da Cultura de Narón. Once bandas, dúas delas chegadas desde fóra de Galicia, competirán nas diferentes categorías.

Conversamos con Iván Estévez, trompetista e presidente da Federación, e coa pianista e compositora María Mendoza, que dirixirá a Chikiband da Limia, unha das bandas participantes na sección infantil. A Agrupación Musical da Limia, que competirá na sección segunda,  interpretará no seu programa un pasodobre composto por María Mendoza.

Pin It on Pinterest