Destacados

VI Encontro Internacional Compostela Ilustrada

“Compostela é, a día de hoxe, o único encontro que existe na península ibérica e o segundo europeo” . Comeza a sexta edición do Encontro Internacional Compostela Ilustrada. Falamos con Gemma Sesar, coordinadora.

Edith Wharton en galego por partida dobre

Hoxe lemos a escritora estadounidense Edith Wharton coa compaña de dous dos seus editores e tradutores ao galego. Neste 2023 chegaron ás librarías dúas traducións ao galego de Wharton: Expiación e outros relatos, catro contos compilados por Irmás Cartoné e traducidos por Celia Recarey Rendo e mais As irmás Bunner, traducido por Alejandro Tobar para Hugin e Munin. 

Museo do Gravado de Artes

O Museo do Gravado de Artes, no concello de Ribeira (A Coruña), vén de ser distinguiudo este ano cun dos Premios da Cultura Galega 2023. Ata alí achegouse o comañeiro Vituco Neira para conversar co seu director, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría.

‘Xeometría Mundi’

“É un luxo poder romper os esquemas cronolóxicos para poder xerar outro tipo de asociacións”. Afundación inaugura a exposición “Xeometría Mundi”. A mostra, comisariada por Juan de Nieves, aborda de forma simultánea o traballo de Luís Caruncho en distintas disciplinas.

’30’, Miguel Lamas engade a música tradicional á súa cocteleira sonora

O batería Miguel Lamas publica o terceiro disco do seu proxecto persoal. En ’30’ o músico fenés volve á mirada á música tradicional galega e parte de pezas populares que transforma coas sonoridades do jazz, o funk e o soul. No álbum colaboran voces como Xabier Díaz ou Carmen Rey, canda a banda Ardora, formada por músicos galegos e iberoamericanos.

O título de ’30’ fai referencia ao trixésimo aniversario de Lamas, que xa atesoura unha longa traxectoria como músico de sesión e de directo con artistas como Dani Martín, Miguel Poveda ou Maldita Nerea, onde actúa como produtor e director musical.

Leticia Barbadillo e ‘A botella de lentellas’

Falamos coa gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2023 concedido por Xerais. Trátase de Leticia Barbadillo e da súa obra ‘A botella de lentellas’.

‘Xa vemos palmeiras’

“É un libro sobre a experiencia de vivir o deserto”. Ana Cabaleiro publica ‘Xa vemos palmeiras’, entre a autoficción, o caderno de viaxe e o texto memorialístico.

O CCG analiza en Ourense o pensamento político de Pasolini

‘O pobo canta: o pensamento político de Pier Paolo Pasolini’ é o título da xornada que organiza o Consello da Cultura o martes 7 de novembro no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. Conversamos cun dos coordinadores do encontro, o cineasta italiano Simone Saibene, que intervirá tamén para falar do cine de Pasolini. Escoitamos outra das participantes, a xestora e creadora cultural Cristina Consuegra, que confrontará o pensamento pasoliniano coas grandes cuestións do noso presente. 

Miudiño Sessions

As Miudiño Sessions, impulsadas pola plataforma A Regueifa 2.0, son unha serie de micronconcertos de grupos e solistas galegos en formato mínimo gravados en localizacións singulares. Noel Feáns, o seu promotor, fálanos destas sesións, feitas de xeito artesnal e sen fins comerciais.

XXXIII Festival Internacional de Jazz de Lugo

“O máis difícil é compaxinar os diferentes estilos do jazz na programación diaria”. Comeza o XXXIII Festival Internacional de Jazz de Lugo que programa 24 concertos ata o 19 de novembro. Falamos con Alberto Grandío, director do festival.

Pin It on Pinterest