Destacados

Como formarse para o sector cultural?

Repasamos algunhas das opcións que ofrecen as Universidades galegas para formarse no ámbito cultural. Desde o grao en Xestión Cultural da USC no campus de Lugo, co seu mestrado en Servizos Culturais, ata títulos de posgrao propios como a nova titulación de especialista universitario na industria musical que ofrece a Universidade de Vigo.

Butaca de Jazz na Coruña

Gozar do jazz e doar comida para o banco de alimentos local. Esa é a proposta do ciclo Butacas de Jazz, que cada venres deste mes de novembro na Coruña encherá de música a sala de concertos de Afundación cun fin solidario. Falamos coa produtora Inés Portela.

Chairas. Sucesións

“Foi un desafío enfrontar unha temática que sempre está moi vinculada co confesional”. A escritora Oriana Méndez publica Chairas. Sucesiónsunha historia de dous que se amplifica no pensamento poético de quen escribe.

Senunpeso, XII Premio José Sellier

A Asociación Cultural Senunpeso, artífice de, entre outros, o Laboratorio Audiovisual de Vedra, resultou gañadora do XII Premio José Sellier. Falamos con Moisés Álvarez, membro da última directiva da asociación, xa disolta.

VII Ffoco

As fronteiras protagonizan a sétima edición de Ffoco, o festival de fotografía da Coruña amplía espazos e formatos.

‘100 voltas’, o novo proxecto de Verónica Codesal

Verónica Codesal presenta en directo o seu último proxecto musical, ‘100 voltas’ na xira ‘Igualdade’, que a leva nestes días por Cedeira, Carballo, Outeiro de Rei, Vedra, Santiago, Oleiros e Arzúa. O álbum incorpora letras das poetas Yolanda Castaño, Lucía Aldao e Rosalía Fernández Rial que falan de sororidade, maternidade, vínculos tóxicos e liberdade persoal. A compoñente de Ialma acompáñase aquí do acordeonista Dider Laloy e o violinista Damien Chierici, cos que transforma musicalmente pezas inspiradas na tradición galega. 

 

Festival de Teatro Valacar

Durante este mes celébrase na Coruña o Festival de Teatro Valacar. Organizado pola ONCE, ten como obxectivo cambiar a forma na que se percibe a arte e a integración na cidade. Falamos co director do grupo e varios actores.

I Foro da Industria Galega do Audiovisual

“O uso que imos  ver da intelixencia artificial nos vindeiros anos vai vir definido pola regulación e a lexislación” . A Intelixencia Artificial centra I Foro da Industria Galega do Audiovisual que comeza na cidade da Coruña.

‘Irmás na fala’, a RAG recupera a historia das mulleres das Irmandades

A Real Academia Galega promove esta serie web documental dedicada ás mulleres das Irmandades da Fala. Micaela Chao Maciñeira, Elvira Bao, María Miramontes, Elvira Bao, Amparo López Jeán e Emilia Docet son as protagonistas dos catro capítulos de ‘Irmás na Fala’, que se irán estreando cada venres de novembro nas canles dixitais da RAG. Ana Viqueira é a guionista da serie, conducida por Rosalía Fernández Rial e na que participan historiadoras, filólogos e académicas.

Comeza Cineuropa 37

Como cada outono, o Cineuropa de Compostela enche a cidade de citas de película. Non só se trata da proxección de 115 filmes, senón de numerosas actividades paralelas, concertos, mesas redondas e obradoiros arredor do cinema.

Ademais, Cineuropa premia este ano as traxectorias de Luis Zahera, Ana Torrent e Joâo Canijo. Falamos co director do festival , José Luis Sosa.

Pin It on Pinterest