Tito Lesende

Colaborador pop rock.
Xornalista musical en radio, prensa e internet. Autor de tres libros; o máis recente, Revolver: el disco de los Beatles que revolucionó el rock (2016). Nos últimos 15 anos tivo varios programas e colaboracións na Radio Galega e publica contidos con asiduidade en Cuadernos Efe Eme, Vanity Fair ou Icon-El País. No seu currículo figuran seccións propias en Rolling Stone, Grazia, Revista 40, Cinemanía ou Diario 16, entre outras publicacións. Entrevistou a estrelas internacionais como Mark Knopfler, Scorpions ou Green Day, e coincidiu persoalmente en actos sociais con artistas tan importantes como Bon Jovi ou AC/DC. A súa traxectoria profesional especializouse na música pop-rock.

De Pamela Rodríguez a Aliboria

Tito Lesende traénos hoxe música de Pamela Rodríguez, artistas peruana residente en Galicia que publica ‘Chica huracán’, un novo adianto do seu álbum Meigas.
Tamén é novidade o disco ‘Estados naturales’ de Moito!, dos que escoitamos ‘Las bandas del mañana’. ‘La cruz de Santiago’ de La Bien Querida e sérvenos para anunciar o seu concerto do venres na Coruña e acabamos a escolma de maneira épica, coa versión de ‘La leyenda del tiempo’ de Camarón a cargo de Xosé Lois Romero e Aliboria.

dani, Familia Caamagno e San Froilán

Tito Lesende tráenos hoxe novidades de dani, Luísa Sobral e Familia Caamagno e prepáranos para o San Froilán musical con Los Estanques e Anni B. Sweet

Eva BE presenta un novo tema e achéganse concerto de Bala e Ataque Escampe

Tito Lesende fálanos do novo proxecto da ex-concursante galega de operación triunfo e da súa recomendación de concertos para estes días.

Pin It on Pinterest