Parece que polo momento non existe ningún contido. Tal vez unha procura axude.
Mónica Maneiro
Mónica Maneiro é Licenciada en Historia da Arte pola USC. Realizou os seus cursos de doutoramento en Crítica e Estética na Universidade Complutense de Madrid (2005), e obtivo o título de Máster en Museoloxía, Crítica e Arte Contemporáneo da Universidade de Santiago de Compostela no 2010. No 2010 comeza a súa carreira como comisaria adxunta do proxecto Look Up! Natural Porto Art Show (Porto) no que se realizaron exposicións e intervencións artísticas en espazos emblemáticos da cidade como a Casa das artes, Casa da música, Reitoría, Palacio da Bolsa, Aeroporto, entre outros. Entre 2014 e 2019 foi directora xunto a Fernando Agrasar da revista de Arte Contemporáneo, Arquitectura e Deseño, DARDOmagazine. Actualmente traballa activamente como comisaria de exposicións e xestora cultural. Ten comisariado mostras colectivas e individuais en espazos como o MAC de A Coruña, o Centro Torrente Ballester de Ferrol, sedes de Fundación Novacaixagalicia e Abanca, Fundación DIDAC, Fundación Eugenio Granell, Centro Marcos Valcárcel de Ourense, Auditorio de Galicia, CGAC en Santiago de Compostela ou Centro Cultural Conde Duque en Madrid entre outros. Ademais, foi xurado de importantes certames e ten escrito numerosos textos para catálogos e publicacións. Actualmente forma parte da cooperativa Performa dende a que co-dirixe o Plaforma. Festival de artes performativas que se desenvolve na cidade de Santiago de Compostela, ademais de outros proxectos.