Andrea Villa
Colaboradora sobre audiovisual galego.
Andrea Villa (Ourense, 1990) é licenciada en Xornalismo con especialidade audiovisual e formación complementaria en xestión de industrias culturais, redes sociais e márketing.
A maior parte da súa carreira desenvolveuse dentro dos equipos de comunicación de eventos audiovisuais como os premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, o Festival de Cans, Novos Cinemas – Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, (S8) Mostra de Cinema Periférico, Curtocircuíto, o Festival de Cinema Internacional de Ourense, ou o Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, do que agora é tamén programadora.
Máis aló dos eventos colabora na área de comunicación da produtora Portocabo (“Hierro”, “Cuñados”, “Auga Seca”, “Rapa”…), participou na estratexia de comunicación da estrea en salas das películas “Eroski Paraíso” (Chévere, Ollo Vivo), “Ons” (Maruxiña Film Company) e “Nación” (Nós Produtora Cinematográfica); e encargouse do deseño e posta en marcha das redes sociais e difusión de contidos transmedia da serie “Antes de perder”, (Cósmica Producións e Playz, RTVE).