Os Resentidos foron unha das bandas referentes do pop e do rock galego nos anos 80 e 90 do século pasado. Agora regresan con forzas renovadas e mañá actúan na Feira do Cocido de Lalín.
Será o primeiro concerto dunha pequena xira que os levará por Coruña, Santiago e Vigo. Tamén acaban de publicar un videoclip: A revolución non será televisada
No Diario cultural entrevistamos a Antón Reixa, líder do gupo.