O cineasta José Luis Cuerda (Albacete, 1947) faleceu este martes en Madrid aos 72 anos de idade. Director, guionista e produtor, converteuse nunha das figuras máis relevantes das últimas décadas do cinema español. É coñecido por A lingua das bolboretas (adaptación da novela de Manuel Rivas) ou por Amanece que no es poco –que xunto con Total e Así en el cielo como en la tierra inaugura a triloxía do surrealismo. Co seu O bosque animado (adaptación da novela homónima de Wenceslao Fernández Flórez) fíxose co Goya á mellor película en 1987.
Lembramos a súa figura co actor Tamar Novas e co historiador cinematográfico Miguelanxo Fernández.