Pink Unicorns, de La Macana

 

Teatro danza, o dunha compañía que fai dez anos coproducindo con teatros europeos e mantendo a súa raigame galega. O seu último espectáculo foi dos máis aplaudidos en 2019 e baséase na relación dun pai co seu fillo adolescente, na fenda xeracional coa xeración Z, no reto de bailar co propio fillo e rememorar os vínculos, os xogos ou os debates.
Unha peza enérxica e divertida, que nos permitirá ver novos horizontes da danza e a súa situación en Galicia.

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share