A novela curta ‘B.S.O’ de Pablo Nogueira e o epistolario ‘Fosforescencias’ de Lupe Gómez con Armando Requeixo

Na súa colaboración de hoxe Armando Requeixo convídanos á lectura da novela curta B.S.O., de Pablo Nogueira, e mais do libro de prosas epistolares Fosforescencias, de Lupe Gómez.

B.S.O. (Fervenza) é unha de novela de novelas, que participa por igual do western, o film noir e a narración cinematográfica e musical. Texto híbrido e mestizo, inzado de homenaxes e citas, trénzase cunha singular estrutura concatenada de capítulos breves, orlado lírico e escrita decote eficiente.

Fosforescencias (Alvarellos) é o relato epistolar dun cambio de rumbo que implicou o abandono dun traballo e unha mudanza de vivenda, mais é, sobre todo, a crónica en misivas da refundación do roteiro vital da propia autora e a recapitulación lírico-filosófica do seu xeito de comprender o mundo e os seres.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share