Tratase dunha pequena pero interesante escolma de corenta bosquexos e debuxos preparatorios das viñetas que Carlos Maside publicou no xornal El Pueblo Gallego, neste caso, no período 1927 – 1936.
Todas as obras incluídas na exposición forman parte do legado dos herdeiros do artista, depositado no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, en Sada, A Coruña.
A exposición inclúe as reproducións das páxinas do xornal El Pueblo Gallego onde estas viñetas foron publicadas, posibilitando deste xeito, por unha banda, a contemplación do debuxo rematado, convertido xa en viñeta, cos textos que o autor lle engadía e, por outra banda, ler as noticias que se publicaban ese día na páxina onde ía inserida cada viñeta