Nace un novo selo: ‘Lindisfarne’, con Alberto Cernadas e a cantante mallorquina Clara Fiol.

Nace un novo selo: Lindisfarne. O músico coruñés Alberto Cernadas promove este paraugas no que abeirar músicas tradicionais con producións electrónicas e que lanzan co sinxelo ‘Sa madona’ da cantante mallorquina Clara Fiol.
Amais, Cernadas pica no noso Venham mais cinco. As súas escollas son músicas de  Mercedes Peón, Xosé Lois Romero e Aliboria, Érik Marchannd con Fransy González; Das Kapital e Xoel López.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share