Entrevistamos a Rosa Aneiros e falamos con ela sobre Xelís, o guieiro das botellas de mar. Comezamos unha viaxe ata a Illa de Otlic, espazo fantástico onde podemos descubrir os protagonistas deste libro. Unha obra coa que gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil e que chega estas semanas ás bibliotecas e librarías da man de Xerais.
‘En reciclaxe as xeracións máis novas estannos a dar moitas clases a nós, o que é máis difícil é o tema do non consumo’, asegura a escritora na Radio Galega.