Este xoves dividimos a atención entre o pop actual e os clásicos internacionais. Primeiro parámonos na banda galega Moito!, que toca o venres 27 en Vigo, presentando “Ingeniería inversa” nun concerto compartido con Igloo. O sábado 28, o Campus de Esteiro en Ferrol acolle o festival Festeiro, no que toca, entre outros artistas, La Bien Querida, da que podemos anticipar un tema do seu inminente novo disco.
No eido internacional lembramos a importancia de Judas Priest, que vén de ser anunciado para o Resurrection Fest de Viveiro en 2020. E despedimos co clásico John Mayall, cuxa xira de 85º aniversario pasa pola Coruña e Pontevedra a vindeira semana.