Falamos do libro ‘Object and Painting’, da artista Mar Vicente. A obra contén dous textos de dúas historiadoras da arte: a suíza Patricia Grzonka e a historiadora xermana Barbara Oettl. Analizan o traballo e a traxectoria da artista dende ópticas diferentes desde o ano 2006 ata o 2018.
A publicación está formada por numerosas fotografías que ilustran a evolución do traballo de Mar Vicente nestes últimos anos.
Mar Vicente quixo que a primeira presentación en España se fixera na Fundación Laxeiro. Esta fundación outorgoulle unha Bolsa á creación artística que foi decisiva na súa carreira.
O traballo de Mar Vicente centrouse nos límites da pintura e as fronteiras entre esta e a escultura, caracterizouse por unha gran economía de elementos cromáticos e compositivos que utiliza de forma reiterada e fai identificable a súa obra.