Luz Castro será a nova colaboradora do Zig Zag da Televisión de Galicia. É unha das persoas que máis sabe sobre videoxogos na nosa terra. En 1997 fundou con outros tres compañeiros imaxin|software, onde dirixiu a área de ingaming, pioneira no deseño de videoxogos educativos.
Forma parte do cadro docente da Universidade da Coruña en Comunicación Audiovisual, no mestrado de Creación, desenvolvemento e comercialización de videoxogos e tamén no novo grao en Creación dixital, animación e videoxogos. É cofundadora de Videoxogo.gal, a Asociación galega de videoxogos e conidos interactivos.