Lemos poesía de Luz Pozo Garza e Andrea Alciato

Dous regresos, memoria e emblemas: Pazo de Tor de Luz Pozo Garza (Alvarellos, 2018) e Libro de emblemas de Andrea Alciato (Rinoceronte, 2019)

Pazo de Tor (Alvarellos Editora) é o regreso poético de Luz Pozo Garza na colección “Libros do Sarela”. Con sete décadas de oficio poético, a autora realiza unha busca vital e xenealóxica, vinculada ao pazo sobre o Val de Lemos que dá título ao libro, e ao que a familia dos Garza estivo ligada. Tamén “unha poética materna”, como Carmen Blanco sinala, marcada polo habitual ton reflexivo da autora, a súa malla simbólica, a plasticidade elegante das imaxes e mesmo polas homenaxes e referencias queridas, de Luís Pimentel ao Coleridge da “arpa eólica”.

Libro de emblemas (Rinoceronte Editora), da autoría de Andrea Alciato (século XVI) é unha recompilación de emblemas renacentistas, isto é, ilustracións alegóricas canda un título e un epigrama explicativo en verso, cun propósito moral ou didáctico. De enorme influencia na literatura e artes figurativas, esta escrita “mediante símbolos velados”, cargada de alusións e significados, chega ao galego con tradución, introdución e notas de Raúl Gómez Pato, á súa vez director de Vétera, colección xa fundamental no panorama editorial galego, tenaz na súa apertura a outras literaturas e momentos históricos.

Pin It on Pinterest

24 Shares
Share24
Tweet
Share