Descubrimos The Waylanders, un videoxogo galego

Descubrimos ‘The Waylanders’, un videoxogo galego que forma parte da 18ª edición de Mundos Dixitais, o Congreso Internacional de Animación, Videoxogos e Efectos Visuais. O estudio coruñés Gato Studio está desenvolvendo un xogo ambientado na Galicia medieval. Neste Diario Cultural falamos con Fernando Prieto, socio e produtor executivo de Gato Studio; e con Manuel Meijide, director de Mundos Dixitais.

O Santiago medieval, a Illa de Ons ou a Fervenza do Ézaro son algúns dos escenarios de ‘The Waylanders’. Trátase dun xogo de rol construído a partir da fantasía e as lendas celtas de Galicia.

Este proxecto nace para desenvolver o mundo do videoxogo en Galicia, un sector con moito potencial, pero que aínda está dando os primeiros pasos.

“Cremos que o galego ten que estar en todos os ámbitos culturais, non soamente nos máis tradicionais”, explica Fernando, e engade: “queremos que o videoxogo esté en galego, pero aínda esta en risco esta posibilidade”.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share