O Observatorio da Cultura Galega destaca a baixada de espectadores e baixada de recadación cinematográfica no 2018. No Diario Cultural falamos con Hakan Casares Berg, responsable do Observatorio da Cultura Galega.
Imos menos ao cine? Por que? Como é a situación do audiovisual galego? Atopamos as respostas.
Outro tema do programa de hoxe foi a mostra colectiva ‘Na varanda’, do CGAC, unha exposición comisariada pola veciñanza. Falamos con Rebeca Mariño, unha das socias da cooperativa.