Xabier Paz publica ‘Galileo no espello da noite’

O escritor Xabier Paz publica ‘Galileo no Espello da Noite’, en Xerais. Miramos ao ceo con Galileo a través das páxinas desta obra. No ano 1992, a Igrexa Católica rehabilitou a Galileo, 359 anos despois de ser obrigado a renegar do seu traballo. A súa herexía consistía en defender que a Terra non era o centro do mundo, senón que se movía arredor do sol como xa dixera Copérnico. Galileo Galilei, un dos pais da astronomía moderna, xa forma parte da literatura galega.

“Unha vez que te asomas ao mundo de Galileo sentes vertixe, pero xa non podes deixar de mirar. É unha situación de hipnose e de absorción”, conta o escritor.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share