Neste Diario Cultural mergullámonos no Surfing The Lerez. O festival que se celebra na Illa das Esculturas de Pontevedra chega a súa sexta edición con Familia Caamagno, Terbutalina e Heredeiros da Crus como cabezas de cartaz. Coñecemos todos os detalles con Marcos Rivas, organizador do Festival, e con José Sánchez, guitarrista do grupo Fondo Norte que tamén estará sobre o escenario do Surfing The Lerez.
Tamén hoxe Tito Lesende despide a tempada no Diario Cultural das 17:30 coa estrea dos discos de s Raconteurs e Hollywood Vampires. Tamén nos avanza as novas incorporacións ao Festival Noroeste e as actuacións polo Día de San Xoán na Coruña.