Comeza este luns o Rexenera Fest de Carballo, un proxecto para derrubar muros con pintura. Tamén están programados obradoiros, conferencias, ruta guiada e concertos. Neste Diario Cultural falamos con Maite Parga, técnica de turismo de Carballo, e con Lidia Cao, artista urbana e ilustradora que participa nesta edición do festival.
Un proxecto para cambiar a imaxe física de Carballo e a mirada coa que veciños e visitantes perciben esta vila. Arte na rúa e traballo para humanizar o espazo urbano. Un recurso turístico que se converte nun motivo máis para facer unha parada na vila coruñesa.
“Non é o mesmo traballar fóra que no teu estudio ou na túa casa”, asegura Lidia Cao. Aínda que non quere desvelar como será o seu mural, adiantou na Radio Galega que a temática será a infancia dende un punto de vista crítico.