Hoxe presentouse en Cannes “O que arde” do director galego Oliver Laxe; o primeiro filme en lingua galega que compite na historia do Festival. Faino na sección ‘Unha certa ollada’.
Tamén falamos con Anxo García, un dos integrantes de ‘Viravolta Títeres’ e con Lara Rodríguez, concelleira de cultura de Lalín, sobre o peche do Museo Galego da Marioneta.