Nesta edición do Diario cultural falamos co compositor Jorge Godás que o vindeiro 28 de abril estará no festival Minry canta pola paz, que se celebra na cidade de Minry, situada na República de Yakutia, no corazón de Siberia. Alí presentará, xunto co siberiano Vladislav Soldatenko, The Timesound, un conxunto de pezas en que se recrea a vida na cidade de Minry, situada arredor dunha mina de diamantes a ceo aberto.
Tamén, e coma cada luns, Rosario Sarmiento falános de arte. Nesta ocasión achéganos a mostra Nos dominios da urxencia. Arte e sociedade na Coruña da Transición (1973-1986), que se pode ver na Fundación Luis Seoane da Coruña.